Ao longo deste curso 22/23 o alumnado de 4º, 5º e 6º está inmerso nun intercambio lingüístico cos nenos e nenas do CEIP Manuel Mallo Mallo organizado polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega cos que se cartearon en diversas ocasións intercambiando experiencias, anécdotas, historias...
Despois de varias correspondencias tiveron a sorte de poder coñecerse en persoa, xa que o centro educativo de Lugo tivo unha saída á localidade meca, podendo ensinarlle lugares como a Siradella, a praia da Area da Cruz, o noso cole... entre outros.
Porén, este intercambio non rematou nesta xornada, xa que o videiro 20 de xuño será o alumnado do CEIP As Bizocas quen visite ao alumnado de Lugo.
Foi unha xornada divertida na que se coñeceron e pasárono moi ben! Pinchade na imaxe para ver máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario