luns, 9 de xaneiro de 2023

FESTIVAL DE NADAL 2022

Xa de volta das vacacións, imos lembrar o festival do Nadal a través dalgunhas fotos e vídeos que con tanto mimo preparamos e no que o pasamos xenial!

O 22 de decembro comezou o noso festival presentado polo alumnado de 6º, cunha obra de teatro con marionetas protagonizada polo alumnado do Club de Lectura, que se chamaba "Quen quere ao lobo feroz?".  Fixérono xenial! Noraboa!


 Clicade nas fotos para ver máis!

A continuación seguiu o alumnado de 4º, que nos sorprendeu cunha versión do "Jingle Bells" cantando e tocando, para dar comezo musicalmente ao gran festival de Nadal.  

Logo fixemos un pequeno descanso, posto que Papa Noel estaba a piques de chegar! Que emoción!

                                                    

Papa Noel visitou todas as clases e reparteu caramelos, que sorte tivemos! Fíxonos moita ilusión. 

A continuación foi a quenda do alumnado de 2º, 3º e 6º, que cantaron, xestualizaron e tocaron a canción "Rudolph, the red nosed reindeer". Pinchade na foto para ver como o fixeron!

Seguiron os nenos e nenas de infantil, que nos cantaron e xestualizaron o retrouso da canción  "Eu teño alguén" con lingua de signos. Unha actuación preciosa! Podedes ver o vídeo completo se pinchades na seguinte imaxe: 

           

Logo, o alumnado de 1º cantou e representou a panxoliña "Buscando Papa Noel". Fixerono increíble! Pinchade na foto para escoitalos.

 

Despois da panxoliña foi a quenda dos nenos e nenas de 2º, que cantaron a canción "O progreso", unha letra fermosa  que fai referencia ao noso proxecto, as ODS. Pinchade na foto para escoitala!


Para rematar, o alumnado de 1º e 2º fíxonos saber os seus ODSexos de Nadal. Oxalá se cumpran! Pinchade na imaxe para ver o vídeo!

                                    

E xa para rematar da mellor maneira, despedimos o ano 2022 coas badaladas protagonizadas polos nenos e nenos de 4º, acompañadas de gusanitos! Feliz 2023!

Esperamos que tiverades un moi bo Nadal!.

Agora si, comezamos, 2023!

Ningún comentario:

Publicar un comentario