Martes 24 de maio de 2022
Este ano, a situación derivada da pandemia permitiunos realizar a excursión de fin de curso que tanto botabamos en falta.
O lugar elixido foi SANTIAGO DE COMPOSTELA, xa que O Camiño de Santiago é o tema arredor do que estamos a traballar todas as clases ao longo do curso.
Así que, tal como di o título do noso proxecto "Bi...zocas ao camiño" puxemos rumbo á capital galega.
Polo mañá, organizados por grupos, puidemos:
- Facer unha visita guiada ao museo da Catedral.
- Subir ás cubertas.
- Facer unha ruta no tren turístico.
- Visitar o interior da Catedral.
Pola tarde, agardounos outra divertida visita ao Museo de Historia Natural.
Botádelle un ollo ao seguinte vídeo de 1.º e 2.º de Primaria.
A PESAR DA CHOIVA, FOI UN DÍA XENIAL!
Ningún comentario:
Publicar un comentario