luns, 3 de maio de 2021

Chegou o maio

 Xa estamos no mes de maio!

Seguro que todos e todas coñecedes a festa dos maios que se celebra en moitos lugares de Galicia...non a coñecedes? Aquí tendes unha pequena mostra. 


A festa dos Maios e coplas
Mantendo a cultura castrexa, os galegos celebraban a chegada da primavera e o remate do inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas.
Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade. Nas diferentes localidades onde se celebran, convócanse todos os anos un Concurso de Maios e Coplas no que participan todo tipo de grupos e colectivos sociais e culturais.
Os maios son construcións figurativas, enxebres (entre os que dominan os de forma cónica ou piramidal, feitos con armazóns de varas ou canas, recubertos con plantas e decorados con laranxas bravas ou ovos) ou artísticas (máis modernos, representacións de monumentos, hórreos, barcos, actividades cotiás...). Estes maios son portados en andas polos seus creadores para logo cantar as coplas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario