mércores, 26 de marzo de 2025

APRENDEMOS DE PINTURA CON NOELIA

 Este martes 25 de marzo tivemos unha visita moi especial: Noelia, a mamá dun neno do noso cole veciño (o CEIP Conmeniño), pintora do Grove no seu tempo libre que aceptou encantada asistir ao noso cole.

 


Na súa visita explicounos  ao alumnado de infantil e 1º ciclo porque empezou a pintar, que estilos de pintura empregaba, as técnicas que utilizaba e ensinounos alguns dos seus cadros tan bonitos que pintou, xa que lle encanta pintar paisaxes naturais e realistas!

Ademais, tivemos a oportunidade de pintar un pequeno cadro guiados por Noelia, que nos quedou chulísimo!

Moitas gracias Noelia pola túa visita, aprendemos un montón!

martes, 25 de marzo de 2025

CREAMOS UN XORNAL POLA SEMANA DA PRENSA: MULLERES NA ARTE

Do 10 a 14 de marzo traballamos a Semana da Prensa na biblioteca a través do xornal que vedes a continuación!

Pincha na imaxe para velo! 
Creamos un xornal no que cada curso elaborou diferentes biografías de mulleres nas diferentes artes, con curiosidades sobre cada unha delas,  imitando as páxinas do xornal e empregando tamén recortes de periódico para os nomes.

Quedounos un xornal chulísimo, aquí o podedes ver!

Ademais, en Educación Infantil encargáronse de crear uns pasatempos como unha sopa de letras , un crucigrama, un código segredo... entre outros. Seredes quen de resolvelos? Que nivel!


luns, 24 de marzo de 2025

RETO SEMANAL DE... CINE!

 Esta semana, o Equipo de Biblioteca preparou un novo reto de arte! Esta vez, seguindo con todas as artes, tocou o cine! 

Gustaríache converterte nun experto ou experta en películas? 


Neste reto deberás descubrir os títulos escondidos nun crucigrama de cine! Ademais, hai 3 niveis de dificultade.

- Nivel 1: Pequen@s cinéfilos (Infantil)

Para @s máis pequen@s! Aquí atoparedes imaxes de personaxes famosos e teredes que descubrir a que película pertencen.

- Nivel 2: Detectives do cine (1º a 3º de EP)

Aquí haberá pistas sinxelas que vos darán unha idea sobre cada pelicula. Poderedes descubrir os títulos?

-Nivel 3: Mestros do cine (4º a 6º de Primaria)

Só os verdadeir@s expert@s poderán resolver este nivel! Serás capaz de completalo?


SUSA HERRERA POLO DÍA DA POESÍA

Todo o alumnado do centro tivo a sorte de recibir na nosa biblioteca a visita de Susa Herrera, profesora de música na universidade e cantautora de cancions de libros infantís. 

Coincidindo co Día da Poesía, que se celebra o 21 de marzo, cantamos cancións de animais que ela mesma escribiu, acompañadas de xestos e movementos; pasámolo moi ben!! 

Moitas grazas Susa pola túa visita, agardamos que poidas vir noutra ocasión!

Aquí vos deixamos un vídeo resumo da experiencia!

mércores, 19 de marzo de 2025

ODAIKO: PERCUSIÓN CON INSTRUMENTOS DE REFUGALLO

O pasado 18 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de EP, xunto co alumnado do CEIP Conmeniño, realizou unha visita a afundación Abanca, onde participamos na actuacion "RRRDobra. A sinfonía do cambio" de Odaiko coa sua interpretación empregando instrumentos de refugallo. 

Seguindo co noso PDI de arte, esta vez adentrámonos na música!

Foi unha xornada moi divertida xa que nos fixeron participar marcando ritmos, cantando e bailando. 

Ensináronnos que podemos facer música con calquera cousa, e que calquera elemento que pensamos que pode ser basura pode converterse nun instrumento, como un botellófono, batería de bidóns... entre outros.

Aquí vos deixamos un vídeo resumo!


luns, 17 de marzo de 2025

RETO SEMANAL DE... DANZA!

Nesta ocasión, o reto semanal do Equipo de biblioteca é de Danza! 


A través deste memory, descubriremos diferentes danzas do mundo, identificables  a partir de imaxes. 

Para resolver este reto, as tarxetas estarán dispostas na mesa cara abaixo, e deberán levantarse de dúas en dúas, buscando a coincidencia  da imaxe co seu nome correspondente.



Para iso, empregarán a información que se atopa detras das instrucións!



Ánimo co reto pequen@s artistas!