xoves, 29 de febreiro de 2024

ANIMAIS NOS POLOS CREATIVOS EN ED. INFANTIL

 O alumnado de Ed. Infantil xuntouse en pequenos grupos para levar a cabo un pequeno reto en relación cos polos creativos que chegaron este trimestre ao centro.

A actividade que realizaron foi o "Pensamento de deseño básico", seguindo os pasos que nos propoñen dende polos creativos:

-Primeiramente observaron os materiais de uso cotiá que se ían empregar

 

-Logo, en pequenos grupos, buscamos o obxectivo: elaborar con esos materiais de uso cotiá un animal (tendo en conta a temática do proxecto) entre todo o grupo.


- Por último, todo o grupo explicou o que elaborou no tempo de traballo e que ideas foron xurdindo ao longo da actividade.

Noraboa polo traballo!








DÍA DE ROSALÍA NO CEIP AS BIZOCAS

O pasado 23 de febreiro celebramos no cole o día de Rosalía. O alumnado de 4º de EP protagonizou unha entrevista con diferentes preguntas sobre a autora, as súas publicacións e outra información moi interesante a todo o alumnado do cole.

 Aquí vos deixamos o vídeo! Noraboa polo traballo!

                                                            

                                                            

martes, 27 de febreiro de 2024

ARTE CON ANIMAIS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de educación infantil convertíronse en verdadeiros artistas nestas últimas semanas! Investigaron a diferentes pintores como Pablo Picasso ou Juan Miró e levaron a cabo algunhas das súas obras nas que os protagonistas eran os animais. 

Nesta imaxe podedes ver as obras imitando a orixinal "El disco rojo persiguiendo a la alondra" de Juan Miró.

Aquí atopanse imitando o cadro de Pablo Picasso, "Niña con paloma".




ATRAPASOÑOS CON MATERIAIS DE RECICLAXE E ELEMENTOS NATURAIS

 O alumnado de 5º de EP, tras unha sesión de limpeza de praias, fíxose co material que vedes nas imaxes para elaborar os seus propios atrapasoños na área de Educación Artística e en relación ao proxecto do centro.


Primeiramente elaboraron o deseño, pintaron as cunchas recollidas e finalizaron anclando as cunchas aos paus de madeira que tamén recolleron polas praias.

xoves, 22 de febreiro de 2024

MALETA VIAXEIRA PONTE A ZERO NA BIBLIOTECA

Dende hoxe e ata a o 19 de marzo contamos na biblioteca coa maleta viaxeira "Ponte a zero" con diferentes libros sobre a reciclaxe e o medio ambiente.

Aquí os podedes atopar!

luns, 19 de febreiro de 2024

POESÍAS NO CLUB DE LECTURA

Nestas derradeiras sesións do club de lectura, o alumnado está a preparar unha actividade moi divertida para celebrar o día da poesía, o 21 de marzo!

Para iso estamos a crear poemas tolos! Collendo versos de diferentes libros de poesía están a crear o seu propio poema, en pequenos grupos ou de forma individual. O único requisito é que a temática debe ser a do proxecto.

Pronto poderedes ver os poemas creados por aquí!