luns, 26 de setembro de 2022

BENVIDA DO SABICHÓN

Ola a tod@s!

Son Sabichón, a mascota do voso colexio. Espero vervos a miúdo no meu lugar favorito... A BIBLIOTECA. Mentres tanto, déixovos un vídeo de benvida.

Ata pronto!!!💫



venres, 8 de xullo de 2022

REVISTA SABICHÓN

 Aquí tendes a revista escolar do curso que rematamos, abofé que traballamos a reo.
Esperamos que vos guste!





domingo, 26 de xuño de 2022

FIN DE CURSO 2021/2022

Mércores 22 de xuño de 2022

Despois dun curso cheo de novas experiencias, actividades, saídas, obradoiros, ilusións, xogos... chega o momento da despedida. 

Comezamos a mañá facendo unhas divertidas FOTOS NO PHOTOCALL da entrada.

Logo chegou un dos momentos máis emotivos!!! A GRADUACIÓN do ALUMNADO de 6.º de PRIMARIA. Cantos nervios!!! Despois de 9 cursos xuntos, toca desexarlles moita sorte na nova etapa que comezarán en setembro no instituto e dicirlles que nunca nos esqueceremos deles/as.

  

A media mañá, a fame comezaba a aparecer, así que chegou A MERENDA SAUDABLE a base de froita fresca: cereixas, sandía, piña, melón, mazás... Estaba todo riquísimo!

Queremos agradecer a colaboración das familias á hora de cortar e preparar a froita.

E rematamos da mellor forma posible... con XOGOS repartidos por todo o colexio.

Por último, desde o C.E.I.P. AS BIZOCAS queremos desexarvos un

FELIZ VERÁN!!!!

Aquí vos deixamos o vídeo cos nosos sorrisos despedíndonos das máscaras!!!

Premede na imaxe para acceder.

ATA O CURSO QUE VÉN!!!

xoves, 23 de xuño de 2022

CONTACONTOS EN INFANTIL

Martes 21 de xuño de 2022

Hoxe vivimos unha desas xornadas que quedarán no recordo dos máis cativos para sempre.

Algúns rapaces e rapazas do instituto, acompañados da súa mestra de Música, viñeron ler un conto musicado aos nenos/as de Infantil.

Cargados de instrumentos musicais, cartolinas, pinturas e ilusión, fixeron unha lectura do conto "DESPOIS DA CHUVIA", tocaron os instrumentos, cantaron, bailaron e pintaron as caras dos peques.

Queredes ver un pouquiño máis??? Seguro que si... Pois premede en PLAY!

 
GRAZAS POR TRAERNOS ESTA ACTIVIDADE TAN BONITA!!!
 

OBRADOIROS "CON MUCHO GUSTO"

Xoves 16 e luns 20 de xuño de 2022

 

Os nenos/as de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria participaron nas actividades sobre Educación Sexual dirixidas aos colexios de O Grove. Sabela Maceira (educadora social e sexóloga) e Lucía Álvarez (psicóloga e sexóloga) foron as encargadas de impartir os coñecementos nos diferentes centro de ensino.

domingo, 19 de xuño de 2022

MÚSICA: INSTRUMENTOS PÓRTICO DA GLORIA

 Venres 17 de xuño de 2022

Como sabedes, este ano estamos a traballar arredor do proxecto "Bi...zocas ao Camiño" relacionado co Camiño de Santiago.

A profe Marina traballou, ao longo de todo o curso coas diferentes clases, os instrumentos presentes no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Fixeron recreacións en cartón, buscaron información, realizaron unha exposición...

Un gran traballo que podedes ver en diferentes vídeos.

Premede en PLAY! 😍
 
ARPA
 
SALTERIO VERTICAL
 
 
FÍDULA OVAL
 
 
ORGANISTRUM

SALTERIO

FÍDULA EN OITO

LAÚDE
 
UN GRAN TRABALLO!!!! 👏👏👏