venres, 15 de decembro de 2023

RETIRADA DE BASURA NA PRAIA AREA DE CRUZ

Coincidindo co Día do Voluntariado, este pasado martes 5 de decembro, participamos nunha intensa xornada de voluntariado ambiental adicada á retirada de basura mariña nas praias de Area da Cruz e Raeiros xunto con Afundación.

Recollemos un montón de lixo e concienciámonos da importancia de ter coidado o noso planeta, a nosa casa.

Podedes ver a nova completa no seguinte enlace:

 https://plancton.afundacion.org/evento/eliminacion-de-especies-exoticas-invasoras-y-retirada-de-basura-marina-en-la-playa-de-raeiros-o-grove/




xoves, 14 de decembro de 2023

ÚLTIMOS DETALLES NO BOOKTRAILER DO CLUB DE LECTURA

 Nestas últimas sesións antes de rematar o trimestre e antes de proxectar os booktrailers no día do festival de Nadal, os participantes do club de lectura traballaron arreo para ir rematándoos. 

Aquí podedes ver algunha foto das nosas últimas sesións: o luns 11 e 13 de decembro.

mércores, 13 de decembro de 2023

NOVIDADES EN LIBROS DE INVESTIGACIÓN PARA O PDI

 Como vedes, dende fai unhas semanas contamos no cole con novos fondos bibliográficos para poder seguir investigando sobre a temática do proxecto deste curso!: Mergullámonos no mundo animal!




martes, 5 de decembro de 2023

GAÑADORA DO CONCURSO DO LOGO PARA O PDI 23/24

Despois de difíciles decisións debido á gran participación e a gran calidade dos logos entregados, temos xa á gañadora do concurso do logo para o PDI deste curso 23/24 "Mergullámonos no mundo animal": Olaya de 5º de EP.


Ademais, contamos tamén cun 2º e 3º premio que foron para a clase de 1º de EP: Aitana e Julieta.



NORABOA ÁS GAÑADORAS E A TODOS OS PARTICIPANTES!

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS POLO NADAL

Este Nadal volvemos colaborar coa Asociación Banco de Alimentos Rías Baixas:  durante os vindeiros días poderedes traer o cole diferentes alimentos non perecedeiros como leite, galletas, conservas, tomate frito...

Axudemos todos poñendo o noso gran de area!

venres, 1 de decembro de 2023

COMEZAMOS COA CREACION DIXITAL DOS BOOKTRAILERS NO CLUB DE LECTURA

Esta semana tivemos de novo reunión no club de lectura para comezar xa coa creación dixital dos booktrailer. Na vindeira reunión traballaremos xa íntegramente cos Ipad creando a versión final dos trailers. 
Non queda nada para velos na gran pantalla!!