venres, 23 de xuño de 2023

AS MOCHILAS VIAXEIRAS POÑEN FIN AO SEU CAMIÑO

Durante todo o curso, as mochilas viaxeiras foron visitando todas as familias de todo o alumnado durante unha semana.

Aquí se recollen todos as reseñas do alumnado, moi bo traballo! O Sabichón agarda que o pasárades xenial. 

Pinchade na imaxe para velas!






xoves, 22 de xuño de 2023

EXCURSIÓN A MARCELLE NO INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO CO CEIP MANUEL MALLO MALLO

 E chegou o día tan esperado para o alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Primaria... A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO A MARCELLE.

Este ano foi unha saída especial porque a realizaron de forma conxunta co alumnado do C.E.I.P. Manuel Mallo Mallo (Lugo), co que ao longo de todo o curso realizaron un intercambio lingüístico.

Despois dunha longa viaxe, chegaron ao colexio de Lugo, onde os agardaban con estusiasmo para darlles a benvida. Tras unha merenda, un tempo de xogo e o intecambio de cartas puxeron rumbo todos xuntos ao parque natural Marcelle Natureza. Aí divididos en grupos comezaron vendo algúns animais antes da hora de xantar. Pola tarde visitaron a reserva onde viron diferentes especies de animais e realizaron tiro con arco.

Sen dúbida foi unha bonita experiencia na que fixeron moitas amizades.

Premede aquí para acceder ao álbum:

                        M A R C E L L E

CIRCUITOS SUSTENTABLES EN CIENCIAS NATURAIS EN 5º EP

O alumnado de 5º de Educación Primaria elaborou na materia de Ciencias Naturais uns circuitos elaborados con materiais renovables.
 



martes, 20 de xuño de 2023

EXPOSICIÓN SOBRE O PDI E XOGOS PREPARADOS POLO ALUMNADO DE 6º

Este luns, o alumnado de 6º preparou unha exposición sobre a súa investigación no PDI deste curso e uns xogos para que os nenos e nenas de 5º, 1º e 2º levaran a cabo. 


Así, ademais de facer un bingo das ODS ao longo de toda a semana, tamén fixeron este luns un xogo de preguntas de verdadeiro ou falso sobre as ODS, un memory ODS e unha búsqueda de respostas por todos os murais ODS que atoparon polos corredores do centro.

Este é un dos seus produtos finais...moi bo traballo!

SAÍDA A ILLA DE CORTEGADA

O martes 13 o alumnado de 1º, 2º, e 3º de Educación Primaria puxo rumbo á Illa de Cortegada como excursión de fin de curso.

Coa nosa chegada ao porto de Carril, montamos nunha zodiac que nos transportou ata a illa, onde nos esperaban dous monitores que nos explicaron moitas cousas sobre a illa, a súa fauna, a súa flora, lendas sobre a illa e moitas cousas máis. 

Logo dun entretido roteiro, xantamos e ao rematar xogamos ao pano e a un xogo por relevos no que tiñamos que recoñecer distintos tipos de cunchas mariñas de diferentes especies que os monitores nos foron explicando durante o roteiro.

A pesar da chuvia á volta, pasámolo moi ben e aprendemos moito! 



luns, 19 de xuño de 2023

TERCEIRA E ÚLTIMA SESIÓN DAS CHARLAS AFECTIVO SEXUAIS

Durante estos días, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiu a terceira e última sesión das charlas afectivo sexuais.

Nestas charlas seguiron afondando nos tipos de familias, sexualidade, emocións, uso responsable dos dispositivos electrónicos... temáticas moi importantes e que seguen relacionadas co noso proxecto das ODS.

Moitas gracias a Noelia polo seu labor!