Ao longo deste trimestre, o alumnado de 5º de Educación Primaria estivo a traballar con moita ilusión na interpretación da Banda Sonora de Star Wars, empregando frautas e boomwhackers na materia de Música e Danza. Esta actividade enmárcase no noso PDI "Bizocas en órbita", a través do cal seguimos descubrindo o fascinante mundo do espazo desde diferentes áreas.
Queremos felicitar ao alumnado de 5º polo seu compromiso e entusiasmo, e tamén agradecer ao público o seu silencio e os seus aplausos, que fixeron desta actuación un momento moi especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario