Este curso no cole estivemos a tope investigando co espazo, os planetas e galaxias, as estrelas... e toodo o relacionado co universo.
E agora... toca ensinarvos todo o que aprendemos no noso Proxecto Documental Integrado deste curso 25/26 "Bizocas en órbita"!Para iso, teredes que anotar no seguinte formulario cantas persoas van acudir de cada familia, para poder organizar todo da mellor forma posible! Ollo: se non vos inscribides, non poderedes asistir!
O último día para anotarvos será o luns 8 de xuño!
💬 Traede os ollos ben abertos e moitas ganas de aprender co talento do noso alumnado.
Animádevos a asistir! As familias tamén formades parte desta aventura espacial, a vosa visita é o mellor aplauso para o noso alumnado, que puxo corazón, cor e moita imaxinación en cada exposición. así que aquí vos esperamos! Ata o infinito e máis alá!
Ningún comentario:
Publicar un comentario