Na biblioteca do cole tivemos unha visita moi especial! 📚🚂
O papá de Pelayo, Dani, achegouse ata Infantil para compartir con nós un contacontos cheo de emoción e tenrura. O libro escollido foi A derradeira viaxe en tren, unha bonita historia na que un toupo revisor de tren se xubila despois de moitos anos sendo amable e educado con todos os pasaxeiros. Para despedilo como merece, prepáranlle unha gran festa chea de cariño e sorpresas.
Os nenos e nenas gozaron moitísimo da lectura, participando e escoitando con moita atención esta entrañable aventura sobre a amizade, a educación e a importancia de tratar ben aos demais.
Moitas grazas, Dani, por compartir este ratiño tan especial con nós e por facer da nosa biblioteca un lugar aínda máis máxico! ✨
Ningún comentario:
Publicar un comentario