O pasaporte lector segue dando grandes alegrías na nosa biblioteca.
Neste segundo trimestre xa temos gañador, Noah Sisto, converteuse no alumno que máis leu durante estes meses. Noraboa, Noah! 👏 Sen dúbida, un exemplo de constancia e amor polos libros.
As nosas voluntarias foron as encargadas de facer a entrega do premio, acompañada do seu diploma e dun pequeno agasallo como recoñecemento polo seu esforzo lector.
E isto non remata aquí!
Animamos a todo o alumnado a seguir participando, porque o pasaporte lector continúa no terceiro trimestre. Aínda estades a tempo de convertervos nos próximos protagonistas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario