Nas últimas sesións do Club de Lectura estamos a gozar da lectura dramatizada de Wombo Combo, de Paula Carballeira. A través do teatro lido, estamos a interpretar os distintos personaxes, poñéndolles voz e dando vida aos diálogos da obra.
Wombo Combo é unha peza divertida e dinámica, chea de humor e situacións sorprendentes que nos fai reflexionar sobre as relacións entre as persoas e a importancia da comunicación. Ademais de achegarnos ao teatro, esta actividade está a fomentar a lectura expresiva, a creatividade e o traballo en grupo.
Estamos a pasalo xenial converténdonos por un intre nos protagonistas da historia e descubrindo todo o que o teatro pode ofrecernos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario