Estas semanas o alumnado do Club de Lectura converteuse en auténtico equipo de contacontos para compartir historias co alumnado de Educación Infantil e do 1º ciclo de Primaria.
Durante varios días prepararon con moita ilusión diferentes contos, buscando a mellor maneira de facelos chegar aos máis pequen@s. Cada grupo pensou unha forma distinta de narrar a súa historia: houbo marionetas, contos cantados, interpretacións cheas de expresividade e mesmo un rap para contar un dos libros. O resultado foi unha actividade chea de creatividade, risas e moita participación.
Os contos preparados foron os seguintes:
5º de Primaria
Rap do coello Fedello – Aaron, Martín e Yago
Dinosaurio Belisario – Aleix e Yerai
Grisela – Zaira, Rocío e Gisela
6º de Primaria
Pero que terá Tomasa? – Noa, Valeria e Zoe
Ladrón de flores – Valentina, Uxía e Marta
Que vivan as uñas de cores – Sabela e Iria
Aquí non se rima – Eloy, Julia e Sofía
Foi unha experiencia moi especial na que o alumnado maior puido compartir a súa paixón pola lectura, ao tempo que os máis pequenos gozaron de historias cheas de imaxinación.
Sen dúbida, actividades como esta demostran que ler tamén é unha forma marabillosa de xogar, crear e aprender xuntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario