Nas últimas sesións do Club de Lectura de 2025 seguimos mergullándonos no mundo dos relatos de pantasmas en galego. O libro, composto por varios relatos curtos, achega ao alumnado á tradición do medo na nosa lingua, cun estilo accesible pero cheo de matices.
Durante estas sesións tamén puxemos especial atención ao vocabulario, xa que nos relatos aparecen moitas palabras novas. A través de xogos e actividades dinámicas fomos descubrindo o seu significado e aprendendo a empregalas correctamente, o que axuda a mellorar a comprensión lectora e a enriquecer a expresión oral e escrita.Como actividade final, entregámoslles unhas fichas creativas para inventar relatos de medo empregando emojis de Nadal 🎄👻. A combinación do terror cos símbolos propios destas datas deu lugar a historias moi orixinais e divertidas.
Para pechar o proxecto, o alumnado gravará os seus relatos curtos de medo na radio do centro, convertendo a lectura nunha experiencia completa que unirá literatura, creatividade e comunicación oral.
Un colofón perfecto para despedir o ano no Club de Lectura… e prepararnos para novas aventuras lectoras! 📚✨
Ningún comentario:
Publicar un comentario