A pasada semana tivemos as dúas sesións do Club de Lectura con 5º e 6º, concretamente os días 3 e 10 de novembro. Tiñamos moitas ganas de comezar… ¡e non nos defraudaron!
Nestes encontros lemos e comentamos os dous primeiros relatos do libro. As historias déronlle moito que falar ao alumnado: algúns momentos fixéronlles rir, outros sorprendéronos… e tamén houbo quen confesou que pasou un pouco de medo nalgún anaco.
Para pechar a sesión, preparamos un Kahoot con preguntas sobre os relatos. Pasámolo en grande! Concentración, risas, competición sá e moitas ganas de acertar.
Seguiremos lendo, comentando e desfrutando das historias nas próximas semanas.
O Club de Lectura xa está en marcha! 📚✨
Ningún comentario:
Publicar un comentario