xoves, 27 de novembro de 2025

FORMACIÓN DE USUARIOS NA AXENCIA DE LECTURA PARA INFANTIL E 1º CICLO

 Esta semana o alumnado de Infantil e 1º ciclo fixemos unha saída moi especial: fomos á Axencia de Lectura do noso pobo para participar nunha sesión de formación de usuarios e nun contacontos preparado por Uxía e Vanesa… ¡e encantounos!

Primeiro, puidemos coñecer a biblioteca, descubrir como están colocados os libros, para que serve cada espazo e como podemos atopar


axeitados para a nosa idade. Foi unha maneira divertida de aprender a movernos pola biblioteca e sentirnos coma auténticos exploradores de historias.

Despois chegou o momento máis agardado: o contacontos. Uxía e Vanesa prepararon unha sesión moi chula, chea de maxia, voces, emocións e moito humor. Os nenos e nenas estiveron súper atentos, riron, participaron e viviron o conto coma se formasen parte del. ¡Unha marabilla!

Con esta visita queremos animar ás familias para que os nenos e nenas acudan á biblioteca, desfruten dos libros e descubran que ler tamén é unha aventura.


Grazas, Uxía e Vanesa, por facernos gozar tanto cos contos! 📖💛

Ningún comentario:

Publicar un comentario