En Educación Infantil puxemos en marcha a primeira fase do noso Proxecto Documental Integrado sobre o espazo. Nesta etapa inicial quixemos espertar a curiosidade e descubrir canto sabe o alumnado de infantil sobre o tema empregando o croma!!
As súas respostas foron tan divertidas como sorprendentes: faláronnos de astronautas, estrelas, planetas, da Lúa... mirádeo para saber!Esta actividade marcou o punto de partida dun proxecto cheo de preguntas, descubrimentos e ilusión. Seguiremos explorando o universo con moita curiosidade e ganas de aprender! 🌙✨
Ningún comentario:
Publicar un comentario