venres, 28 de novembro de 2025

CONTACONTOS FAMILIARES NO 1.º CICLO: LEO

Aquí estamos de volta cunha nova sesión de contacontos familiares! Hoxe visitounos Aarón, o papá de Leo. 

Contounos un conto titulado "EL PODER DEL LEÓN". A Saúl, o seu protagonista, pásalle algo que ninguén entende. Cando algo non lle gusta, queda paralizado, e non lle saen as palabras. Por sorte, Thor, o gato dos seus avós, ensinaralle que dentro ten un gran poder: o poder de poñer límites

Este libro, ensínanos que todos podemos aprender a dicir "basta" e a comunicar aquelo que nos gusta e aquelo que non.

Sen dúbida unha historia marabillosa con preciosas ilustracións!

Por se fóra pouco trouxo un planetario a escala real na que os nenos/as puideron ver o movemento dos planetas arredor do Sol. Encantounos! 

Gustounos moito a visita. Esperamos verte de novo noutra ocasión!
 

ASISTIMOS A UNHA OBRA DE TEATRO NO AUDITORIO DO GROVE

 O alumnado de 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Primaria asistiron ao auditorio do Grove o pasado xoves 20 de novembro para ver a obra "Berenguela na gaiola", unha obra dirixida por Paula Carballeira a cargo das compañías Galeatro e Xarope Tulú.

É a obra gañadora do 4.º Certame Manuel María de proxectos teatrais.
Para saber máis información da obra premede aquí.

xoves, 27 de novembro de 2025

FORMACIÓN DE USUARIOS NA AXENCIA DE LECTURA PARA INFANTIL E 1º CICLO

 Esta semana o alumnado de Infantil e 1º ciclo fixemos unha saída moi especial: fomos á Axencia de Lectura do noso pobo para participar nunha sesión de formación de usuarios e nun contacontos preparado por Uxía e Vanesa… ¡e encantounos!

Primeiro, puidemos coñecer a biblioteca, descubrir como están colocados os libros, para que serve cada espazo e como podemos atopar


axeitados para a nosa idade. Foi unha maneira divertida de aprender a movernos pola biblioteca e sentirnos coma auténticos exploradores de historias.

Despois chegou o momento máis agardado: o contacontos. Uxía e Vanesa prepararon unha sesión moi chula, chea de maxia, voces, emocións e moito humor. Os nenos e nenas estiveron súper atentos, riron, participaron e viviron o conto coma se formasen parte del. ¡Unha marabilla!

Con esta visita queremos animar ás familias para que os nenos e nenas acudan á biblioteca, desfruten dos libros e descubran que ler tamén é unha aventura.


Grazas, Uxía e Vanesa, por facernos gozar tanto cos contos! 📖💛

luns, 24 de novembro de 2025

XA TEMOS LOGO GAÑADOR DO PDI 25/26!

Ao longo destas semanas todo o alumnado estivo creando os seus logotipos para o PDI deste curso. 

 Foi imposible escoller só un, así que primeiro fixemos unha selección dun finalista por cada curso.

E despois… chegou o momento máis emocionante: as votacións do alumnado! Cada un puido votar polo seu logo favorito entre todos os finalistas.

🗳️ E o resultado foi claro:
👉 O logo gañador deste ano é o de LUCA, de 5º de EP.

O seu deseño conquistou a todo o cole polo estilo, pola idea e pola personalidade que transmite.

Aquí vola deixamos para que o admiredes!


 Parabéns, Luca!

E parabéns tamén a todos os finalistas e participantes polo enorme traballo que fixestes. 

Este curso comezamos o PDI cun logo de categoría grazas a vós.

venres, 21 de novembro de 2025

CONTACONTOS FAMILIARES NO 1.º CICLO: NÍCOLA

Que animados están os contacontos no 1.º ciclo!! 
 
Esta mañá visitounos Eva, a mamá de Nícola. Trouxo dous libros: "O ladrón de Flores" e "Misterios del universo".
"O ladrón de flores" conta a historia de Esquío, un divertido animaliño que, cando atopa unha preciosa flor crecendo no bosque, decide que é súa. Que pasará despois? Anímate a descubrilo lendo este divertido conto.

 
Pola súa parte, "Misterios del universo" é un impresionante libro que conta os segredos que hai detrás de máis de 100 corpos celestes, como planetas, asteroides, satélites, estrelas... As súas imaxes son incribles! 

Non vos perdades estes dous libros. Están na biblioteca do noso cole.
 
Moitas grazas por vir Eva! Ata pronto!

CONTACONTOS FAMILIARES NO 1.º CICLO: NORA

 20/11/2025

Continúan as visitas das familias de 1.º e 2. de Primaria para lernos contos!!!

Hoxe tivemos a sorte de contar con Eva, a tía de Nora.

Contounos dous contos moi divertidos, titulados "Violeta ás agachadas" e "Coñece Jameos con Nico".

O primeiro trata dunha nena chamada Violeta á que o que máis lle gusta é xogar ás agachadas. Sempre busca o mellor lugar para esconderse e, cando xa non lle quedan escondedoiros, procura outros refuxios. A través das súas páxinas aprendemos e percorremos os meses do ano e as súas características seguindo os soños de Violeta. 

No segundo, o seu protagonista Nico ensínanos os segredos dos Jameos del Agua propios de Lanzarote.  

Gustáronnos moito os dous libros! Esperámoste noutra ocasión!


xoves, 20 de novembro de 2025

OBRADOIRO DE DOBRAXE PARA O 3º CICLO

 O martes 18, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de converterse en actores e actrices de dobraxe por unhas horas, grazas ao Obradoiro de Dobraxe.

Esta actividade non só foi divertida, senón que tamén se converteu nunha valiosa ferramenta para fomentar a creatividade, a mellora da dicción e a posta en valor da nosa lingua, o galego, no ámbito audiovisual.

Durante o obradoiro, os rapaces e rapazas descubriron os segredos que se agochan detrás das voces de diferentes películas e series. Puideron enfrontarse ao micrófono para:

  • Practicar a lectura expresiva: Coa vista na pantalla e no guión, tiveron que sincronizar a súa voz co movemento dos personaxes.

  • Modular a voz: Aprenderon a darlle a entoación, o ton e o volume axeitados.

  • Traballar en equipo: A coordinación entre os compañeiros de dobraxe foi clave para conseguir un resultado profesional!

Agradecemento especial a Manuel Pombal Pérez, o noso experto en dobraxe, por dirixir estas sesión. Coa súa paixón e coñecementos, conseguiu transmitirlles aos nenos e nenas a maxia de darlle voz a unha historia. Manuel compartiu as súas experiencias e guiou ao alumnado paso a paso, facendo que a actividade fose accesible e motivadora para todos.

Foi marabilloso ver como o noso alumnado se mergullaba de cheo neste mundo, demostrando o seu talento e a súa capacidade para o traballo oral. Xa temos unhas cantas futuras voces da dobraxe galega!

Que vos pareceu a experiencia? Deixade nos comentarios que personaxe vos gustaría dobrar!




martes, 18 de novembro de 2025

RELATOS DE PANTASMAS NO CLUB DE LECTURA

 A pasada semana tivemos as dúas sesións do Club de Lectura con 5º e 6º, concretamente os días 3 e 10 de novembro. Tiñamos moitas ganas de comezar… ¡e non nos defraudaron!

Nestes encontros lemos e comentamos os dous primeiros relatos do libro. As historias déronlle moito que falar ao alumnado: algúns momentos fixéronlles rir, outros sorprendéronos… e tamén houbo quen confesou que pasou un pouco de medo nalgún anaco

Para pechar a sesión, preparamos un Kahoot con preguntas sobre os relatos. Pasámolo en grande! Concentración, risas, competición sá e moitas ganas de acertar.

 Seguiremos lendo, comentando e desfrutando das historias nas próximas semanas.

O Club de Lectura xa está en marcha! 📚✨

mércores, 12 de novembro de 2025

CONTACONTOS FAMILIARES NO 1.º CICLO: NOEL

 DÍA DE CHUVIA + CONTOS = MAÑÁ PERFECTA!

Esta mañá visitounos Romina, a mamá de Noel. Viña cargada de contos pero dous deles foron os seleccionados para contar aos cativos/as de 1.º e 2.º de Primaria. 

O primeiro, titulado "Mi primer sistema solar" é un fermoso texto rimado que facilita a aprendizaxe dos nomes dos planetas e as súas características.

O segundo, "El sombrero del mago", é un divertidísimo libro no que Santiago, un torpe mago, está a buscar un sombreiro perfecto... do que sairá un fermoso coello! Aos nenos/as encantoulles xogar a descubrir o que se escondía debaixo dos sombreiros neste divertido mundo da "maxia ao revés".

Moitas grazas por vir Romina! Encantaríanos repetir!

 

xoves, 6 de novembro de 2025

SAMAÍN ENTRE CONTOS E RECEITAS

 O día de Samaín fixemos moitas cousas terroríficas.

 Viñemos cuns disfraces moi aterradores. Ao longo dá semana fixemos receitas por ciclos que estaban boísimas como as galletas ,os bocatas e os donuts .

No 1.º ciclo elaboraron uns simpáticos habitantes dun afastado planeta que estaban riquísimos. Botádelle un ollo ao vídeo.

 

Os de quinto contaron uns contos que nos deron moito medo.Fixemos unhas historias terroríficas.

 

    

Na aula de 2.º E.P. crearon un conto no que un neno, unha casa encantada, uns extraterrestres e un ovni forman un relato terrorífico moi axeitado para estas datas de sustos e medos. Que imaxinación! Podedes velo no seguinte vídeo.



mércores, 5 de novembro de 2025

CONTACONTOS FAMILIARES NO 1.º CICLO: NAHOMI

 SEGUIMOS A TOPE COS CONTACONTOS FAMILIARES NO 1.º CICLO!!!

Esta semana visitáronnos a mamá e a curmá de Nahomi. Trouxeron dous libros do espazo, un de información e outro de literatura infantil.

O primeiro, titulado "MI PRIMER LIBRO DEL ESPACIO", permitiunos explorar o espazo. Algunhas páxinas brillaban na escuridade!

O segundo levaba por título "UN AZUL PARA MARTE", e con el realizamos unha viaxe ao planeta máis cercano á Terra, Marte.

 
Por se fora pouco coa visita, Yojani e Mari trouxeron uns agasallos para os nenos e nenas. Quedaron encantad@s!
Aprendemos moito sobre o espazo e pasámolo moi ben! Grazas por vir!

1ª FASE DO PROXECTO EN EDUCACIÓN INFANTIL

 En Educación Infantil puxemos en marcha a primeira fase do noso Proxecto Documental Integrado sobre o espazo. Nesta etapa inicial quixemos espertar a curiosidade e descubrir canto sabe o alumnado de infantil sobre o tema empregando o croma!!

As súas respostas foron tan divertidas como sorprendentes: faláronnos de astronautas, estrelas, planetas, da Lúa... mirádeo para saber! 

Esta actividade marcou o punto de partida dun proxecto cheo de preguntas, descubrimentos e ilusión. Seguiremos explorando o universo con moita curiosidade e ganas de aprender! 🌙✨