Esta semana o alumnado de 3º e 4º de Primaria viviu unha experiencia única: converteronse en verdadeiros escultores!
E quen foi o seu mestre? Nada máis e nada menos que Iago Fontoira, artista do Grove que sabe moito, moitísimo de arte… e que ademais explica xenial!
🧠 Primeiro falounos do seu traballo e de cousas moi interesantes como o que significa ser un artista conceptual.
🎭 Logo puxémonos mans á obra: con escaiola, esponxa floral (si, ese material que se usa para meter as plantas!) e moita imaxinación, cada grupo fixo a súa propia obra de arte.
Foron dúas mañás intensas, divertidas e cheas de inspiración, nas que cada neno e nena deixou voar a súa creatividade… e ata manchamos un pouco (ou moito 😅), pero mereceu a pena!
📸 As obras quedaron tan chulas que fixemos fotos para compartilas con vós.
💬 Moitas grazas a Iago Fontoira por ensinarnos tanto, por contaxiarnos a súa paixón pola arte e por facernos ver que todos e todas podemos ser artistas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario