A pasada semana demoslle a benvida ao mini Sabichón, un Sabichón pequeniño feito de lá que elaborou a mestra Begoña con moita arte! Moitas grazas!
Os nenos e nenas do cole quixeron darlle unha benvida especial, e realizaron un pequeno efecto dominó coas pezas Kapla empregando todo o corredor do centro durante o tempo de lecer.
Aquí podedes ver algunha foto do proceso.
Ademais, o mini Sabichón trouxonos unha pequena sorpresiña: este padlet colaborativo no que iremos publicando as actividades relacionadas coa PDI. Tod@s poderedes colaborar!
Aquí vos deixamos o enlace: https://padlet.com/bibliogalegoasbizocas/pdi-24-25-pequen-at-s-artistas-keo2zje3862xezn7
Ningún comentario:
Publicar un comentario