O fin de trimestre nas Bizocas celebrámolo con moitas actuacións e diversión durante toda a xornada do venres 20 de decembro. Pinchade AQUÍ para ver todas as fotos e vídeos!
Ademais, contamos coa participación e colaboración das familias, que asistiron a ver as diferentes actuacións e compartimos ao finalizar unha deliciosa merenda.
Comezamos coa actuación do alumnado de 6º, que como está a traballar o cine, interpretou a BSO de Harry Potter aos carillóns.
Logo, o alumnado de 4º interpretou a canción de Nil Moliner, "Tal vez", con xestos e luz negra!.
O alumnado de 5º interpretou unha peza en frauta doce e cantaron unha canción de Fillas de Cassandra acompañadas da pandeireta!
A continuación, os nenos e nenas de 1º e 3º de EP tocaron xuntos o Jingle Bells con boomwhackers e campás!
En Educación Infantil interpretaron un vals de Shostakovich empregando uns panos de cores que fixeron xenial!
En 1º e 2º tamén cantaron unha panxoliña, como non podía ser doutro xeito en Nadal!
Todos os cursos realizaron algunha actuación, e ao final da mañá o alumnado de 2º de EP foi o encargado de retransmitir as badaladas dende a Porta do Sol.
Ao remate da xornada tivemos a visita de Papa Noel, que nos trouxo un pequeno agasalle e logo merendamos todos xuntos, alumnado, familias e mestres celebrando con doces típicos caseiros. Foi un día moi especial!
Bo Nadal e Feliz 2025! Vémonos á volta das vacacións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario