xoves, 14 de novembro de 2024

FORMACIÓN DE USUARIOS NA AXENCIA DE LECTURA DE SAN VICENTE

O mércores 13 de novembro saímos de ruta ata a Axencia de Lectura de San Vicente, onde nos esperaban Antón e Uxía.

Alí, explicáronnos como funciona a biblioteca, as temáticas de libros que podemos atopar, como se organiza... 



Despois fixemos unha actividade en equipo, na que tivemos que valorar diferentes aspectos dun libro que primeiramente tivemos que atopar.

Moitas grazas pola invitación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario