O 24 de outubro celebrase o Día das Bibliotecas, e o noso alumnado celebrouno asistindo a unha obra de teatro na Axencia de Lectura de San Vicente. A obra titulabase "A cabaza encantada" a cargo do Teatro Calavera, encantounos!
Aquí vos deixamos un vídeo resumo da actividade!
Nesta obra de teatro os protagonistas, o Cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa viven unha aventura para rir de medo. Un día Antón plantou unha semente, nunha maceta corrente, botoulle auga e terra e mantívose á espera. Agardou e agardou e co tempo medrou...unha cabaza! Era unha cabaza especial, á que lle gustaba asustar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario