venres, 18 de outubro de 2024

A PRIMEIRA FASE DO PROXECTO XA ESTÁ EN MARCHA

Logo de elixir a temática do proxecto deste curso e o título do mesmo, comezamos xa coa primeira fase:

 QUE SABEMOS SOBRE A ARTE? QUE QUEREMOS SABER?

Cada ciclo centrarase nunha arte en concreto, por exemplo: o 1º ciclo traballará a pintura, 2º ciclo a arquitectura e o 3º ciclo o cine. Educación Infantil traballará diferentes artes ao longo de todo o curso.

Comezaremos resolvendo estas preguntas que nos guiarán e servirán de punto de partida nas nosas investigacións.

Aquí vos deixamos un vídeo sobre a 1ª fase en Educación Infantil! Noraboa polo traballo pequen@s artistas!: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario