Como vedes, todos os cursos están a poñerse as pilas coa investigación do noso PDI, cada un coa temática elixida. Neste caso, o alumnado de 4º de EP elixiu as aves en conxunto co alumnado do mesmo ciclo, 3º de EP.
Aquí vos deixamos algunhas fotos desta sesión de investigación: debían buscar libros que tratasen sobre as aves, anotar o título do libro e a páxina onde atoparan información relevante e por último escribir un pequeno resumo sobre a esta información.
Se pinchades na seguinte imaxe, levaravos ao documento co traballo de investigación do alumnado de 4º.
Noraboa polo traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario