O alumnado de todo o cole está inmerso na investigación do PDI deste curso tamén na materia de lingua inglesa, onde elaboraron os seguintes traballos!
No 1º ciclo preguntáronse sobre os animais mariños e tras facer grupos cos nomes de animais mariños, e o visionado de vídeo sobre os mesmos, fixeron unha recollida de follas e un póster: SEA ANIMALS, que poderedes ver completo pinchando na imaxe.
O alumnado de 3º de Primaria escolleu cada un un animal sobre o que investigar e creou o xogo: GUESS, WHAT AM I?. Poderedelo ver completo pinchando na imaxe:
O alumnado de 5º de EP ten interese sobre os animais en perigo, the endangered animals, e fixeron unha investigación a través do seus laptops e do libro de nova adquisición da biblioteca “Don't let them disappear”, de Chelsea Clinton e ilustrado por Gianna Marino.
Cada un elexiu un animal diferente e cos datos recollidos na investigación fixo un poema!
Pinchade na imaxe para ver máis!
Ningún comentario:
Publicar un comentario