luns, 8 de xaneiro de 2024

FESTIVAL DE NADAL 2023

A última xornada do trimestre no cole estivo chea de maxia, actuacións, risas e moitas panxoliñas!! Como sempre, as familias estiveron invitadas a asistir e acompañáronnos neste día tan especial para todos e todas!


O festival, presentado polo alumnado de 6º de EP, comezou coa actuación do alumnado de 3º de EP, tocando "Alouette", unha canción popular francesa con carillóns. Moi bo traballo! 

(pinchade nas fotos para ver máis!)

A continuación,  o alumnado de 6º de EP presentounos unha obra de teatro inglés que fixeron fenomenal!

Seguiuse cunha panxoliña cantada e bailada polo alumnado de Ed. Infantil, que tamén fixeron incrible!
O alumnado de 1º ciclo de EP tamén tivo o seu momento interpretando e dramatizando a panxoliña "Folerpiña" que nos emocionou a tod@s.

Logo proxectamos os Booktrailers que club de lectura que poderedes ver na entrada do blog correspondente; pinchando na lapela do club de lectura. Moi bo traballo!
 
De seguido, o alumnado de 3º e 4º de EP sorprendeunos cun rock das badaladas moi animado. Podedes ver os vídeos pinchando nas fotos!

E como non, tomamos as uvas de pre-fin de ano (que sustituímos con gusanitos) coas badaladas elaboradas polo alumnado de 5º de EP.   Aquí vos deixamos o vídeo das badaladas! Noraboa por esas interpretacións!
Ademais, tivemos unha sorpresa... a visita de Papa Noel en colaboración coa ANPA, que lle avisou para que se pasase polo noso cole e nos deixase uns pequenos agasallos que nos encantaron! Moitas grazas!!
Para finalizar esta xornada tan especial, compartimos a merendola coas familias e despedimos o primeiro trimestre e o ano dunha forma moi moi bonita! 


Tamén neste día o Banco de Alimentos das Rías Baixas de Pontevedra recolleron todos os alimentos donados polas familias durante o mes de decembro. Podedes ver a nova publicada pola asociación neste enlace:  https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=pfbid028PPSThQhLjRXgHMxGG1HwGSpeWbsU39VyhTSf7mRF9AREwU7pand8yxyWvJibBfbl&id=100004464011295&sfnsn=scwspwa 

Moitas grazas ás familias por asistir e colaborar!

Moi feliz ano novo 2024!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario