xoves, 5 de outubro de 2023

COMEZAMOS CO VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA!

 Dende a última semana de setembro está en marcha o voluntariado de biblioteca.

O alumnado de 5º e 6º voluntario recibiu un carné acreditativo e é o encargado de axudar aos mestres responsables da biblioteca durante o recreo, e realizan diversas funcións como por exemplo:

    - Préstamos e devolucións de libros

    - Organización e colocación de libros

    - Renovación das estanterías de libros por conmemoracións

    -Dirixir talleres

    - e máis actividades que iremos realizando ao longo do curso. 


Pronto se realizarán as sesións de formación de usuarios, para recibir unha formación máis específica. 

Moitas grazas voluntari@s!


Ningún comentario:

Publicar un comentario