luns, 2 de outubro de 2023

COMEZAMOS O CLUB DE LECTURA 23/24

O club de lectura do CEIP As Bizocas deu comezo a súa primeira sesión! Debido a que este curso somos moitos e moitas, dividiremonos en dous días para 5º e 6º de EP. 

Hoxe comezamos con 5º, démonos a benvida e explicamos o funcionamento do club durante este curso.  

Ademais, comezamos coa primeira lectura do curso: "Formigas. Misión camiño de Santiago" que comentaremos na próxima sesión e que nos servirá para levar a cabo unha actividade moi chula que vos iremos contando. Como vedes, o libro segue a temática do PDI deste curso, xa que as protagonistas son animais! 

Tamén comezamos coa creación dun logo para o club de lectura, así como un nome, que será escollido entre todos os debuxos que se presenten. 

Vémonos na próxima sesión!

Ningún comentario:

Publicar un comentario