xoves, 27 de abril de 2023

SAÍDA DO CLUB DE LECTURA XUNTO CO CEIP VALLE-INCLÁN

Este martes 25 realizamos unha saída o alumnado participante no Club de Lectura xunto co alumnado do Club de Lectura do CEIP Valle-Inclán. 

O destino foi Padrón, cidade natal de Rosalía de Castro, xa que o libro "Formigas 4. MISIÓN ROSALÍA" que lemos conxuntamente ambos clubs encádrase gran parte na Ruta Rosaliana de Padrón e que durante o día recorremos.
A primeira parada realizámola na casa Museo de Rosalía de Castro, onde nos explicaron con detalle a vida de Rosalía e puidemos explorar a casa onde ela viviu.

Alí merendamos e puxemos rumbo ao Xardín Botánico de Padrón, onde realizamos diferentes actividades relacionadas co libro.


O xantar foi no Paseo do Espolón, outro punto da Ruta Rosaliana da que nos fala o libro e onde se atopa unha estatua adicada a autora protagonista da nosa saída. 

Por último, ascendemos ao Convento do Carme onde apreciamos unhas vistas increíbles de Padrón e onde falamos dos nosos libros favoritos e compartimos recomendacións. 


Foi unha xornada moi divertida onde coñecemos aos nenos e nenas do CEIP Valle-Inclán e pasámolo moi ben!

Pinchade nas fotos para ver máis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario