O Equipo TIC invita ás familias do noso alumnado a participar na "I EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DIXITAL", que este ano leva por título "UN PLANETA MARABILLOSO!".
Bases:
- Cada neno/a poderá enviar un máximo de 2 fotografías ao correo electrónico do centro ceip.asbizocas@edu.xunta.gal
- No asunto do email debe figurar: "Exposición de fotografía + nome do alumno/a + curso"
- A data límite para enviar as fotografías é o mércores 3 de maio.
- As fotos deben ser de creación propia, non descargadas de Internet.
- Teñen que ir acompañadas dun lema, título ou breve texto en galego, que pode ir directamente na fotografía ou escrito no email.
- Deben estar relacionados cos obxectivos ODS:
O alumnado de 6.º de Primaria foi o encargado de elaborar o cartel e as bases.
Moi bo traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario