mércores, 23 de febreiro de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2021/2022

O 23 de febreiro de 2022 celebramos o Día de Rosalía de Castro, auténtica data do nacemento da poetisa galega.

Este ano, para conmemorar o día, fixemos un mural colectivo cheo de pensamentos con versos e palabras dos seus poemas.

Ademais, cada clase escolleu unha poesía e gravou un vídeo no que os nenos e nenas recitan os versos como auténticos poetas e poetisas.

Esperamos que vos gusten os nosos traballos!

 4.º/5.º Infantil "Vente, rapasa"

6.º Infantil "Alborada"

1.º Primaria "Lugar máis hermoso..."

 2.º Primaria "Acolá enriba"

3.º Primaria "Miña nai, miña naiciña"

4.º Primaria "Cantarte hei, Galicia"

5.º Primaria "Adiós ríos, adiós fontes"

6.º Primaria "Eu cantar, cantar, cantei"

 

Música 6.º Primaria


Ningún comentario:

Publicar un comentario