martes, 22 de decembro de 2020

Recomendacións lectoras

 

Os libros sempre son bos agasallos, aquí tendes algunhas ideas para pedirlle a Papá Noel ou aos reis Magos. 

LECTURA EN GALEGO PARA 3-6ANOS

MAMÁ

Ruiz Johnson, Mariana

Kalandraka/9788484648-3

A maternidade a través da poesía e da arte, entre a tenrura e a exuberancia cromática. Un canto universal ao amor e á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean, ata a Nai Terra.


XANDRA A LANDRA QUE QUERÍA VOAR

Queixas, Mercedes

Urco Editora / 978- 84- 16121-95-3

Xandra é unha landra que agarda coa súa familia o momento de descender das pólas das árbores, mais ela o que quere con todas as súas forzas é poder voar.

As outras landras intentarán que esqueza o seu desexo, pero Xandra non se dará por vencida.


DESPOIS DA CHUVIA

Cerro, Miguel

Kalandraka / 978-84-8464-968-7

O valor da solidariedade, o afán de superación e a procura da

felicidade inmaterial están presentes no VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, unha obra de intenso colorido e orixinal composición.


ÍCARO

Delicado, Federico

Kalandraka / 978-84-8464-903-8

O álbum galardoado co VII Premio Internacional Compostela é unha fermosa alegoría sobre a liberdade. Realidade e fantasía converxen, abrindo as posibilidades de interpretación dunha historia debedora de Kafka e Hopper.


LECTURA EN GALEGO PARA 6-8ANOS


NUBE BRANCA E O PINGÜÍN VALENTÍN

Nogueira, Pablo

Baia Edicións / 978- 84- 9995- 341-0

Ao poboado de Nube Branca chegou dende moi lonxe un pingüín de nome Valentín. Devecía por voar, pero por máis que axitaba as súas ás non era quen de facelo.

Con axuda das súas novas amigas…pensas que o conseguirá?


A RECONQUISTA

Yañez, Antía

Baía Edicións 978- 84- 99- 95297- 0

No patio do colexio de Lúa prodúcese todos os días unha invasión que deixa moitas nenas e nenos sen espazo para desfrutar do seu tempo de recreo. Grazas a súa tenacidade, Lúa vai poñer en marcha unha pequena onda que rapidamente se converte nun tsunami de solidariedade.

LECTURA EN GALEGO PARA 8-9ANOS


29 HISTORIAS DISPARATADAS

Wölfel, Úrsula

Kalandraka / 978-84-8464-499-6

Unha nena que non quería facer o que facía todo o mundo e

saía pola porta andando cara atrás...Pequenas historias

sorprendentes narradas con gran sentido do humor.


TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA

Aneiros, Rosa

Xerais / 978-84-91215684

Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e

o seu nome. Chámanlle así polo seu avó Edelmiro, e el

tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro.

Por iso, cando seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó

en Marabilla, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses terribles.


SUPERAVOA

Rodríguez, David

Xerais / 978-84-9121-751-0

A avoa Rita garda un segredo. É unha superheroína! Se non fose por ella e os seus superpoderes, o mundo viríase abaixo. Un libro cheo de tenrura e de humor. Unha feliz homenaxe ás avoas.


PLAN DE RESCATE

Yañez, Antía

Xerais / 978-84-9121-748-0

Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir

unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e

ata un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade,

compañeirismo, traballo en equipo e mesmo algo de amor

(puaggg, que noxo!)


LECTURA EN GALEGO A PARTIR DE 10-11ANOS

A SEÑORITA BUBBLE

Costas, Ledicia

Xerais / 978-84-9121-254-6

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible

que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que

levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu

atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir.

Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da

mansión da señorita Bubble.


A PONTE QUE NON TIÑA RÍO

Martín, Paco

Galaxia / 978-84-9151-473-2

Neste libriño cóntase unha historia na que interveñen nenas, nenos, homes, mulleres e tamén algúns vexetais, unha ponte pequena de pedra e mesmo un regato de auga algo secreto…


O NARIZ DE FIZ

Villar, Miro

Galaxia / 978-84-9151-554-8


Fiz vive nunha aldea da montaña da Galicia rural. É “unha criatura pequerrechiña e miudiña”, pero posúe unha estraña habelencia que o vai converter en protagonista de emocionantes aventuras.


A TROPA CONTRA O VIRUS

Avendaño, Alberto

Xerais / 978-84-9121-744-2

Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19. Botando man dos coñecidos personaxes de Gogue, Alberto Avendaño escribe unha fermosa historia

de amor e esperanza, onde o humor nos acompaña para

mostrarnos o camiño da solidaridade. Unha divertida novela

onde o realismo máxico do cine de animación se mestura

coa divulgación científica.


LECTURA EN CASTELÁN DE 3-6 ANOS

¿HAS VISTO AL LEÓN?

Armando Quintero & Géraldine Alibeu ISBN 978-84-9871-231-5

Le traigo una carta que huele a flores recién cortadas... A través de esta fórmula, cargada de lirismo, que la rana repite a cada uno de los animales que se encuentra, este álbum completa página a página un

rompecabezas de criaturas de la selva. Las respuestas recibidas se convierten pequeñas pistas para descubrir el motivo por el que el león ni caza ni come.

Las demostraciones de amor no exigen hazañas.


LA CEBRA CAMILA

Núñez, Marisa. Kalandraka Editora / 978-84-95123-60-2

Un día, al salir de casa, el viento bandido se llevó siete rayas de su vestido. Una araña, una serpiente, el arco iris y una cigarra, entre otros

animales del bosque, ayudarán a Camila a olvidar su pena.


OREJAS DE MARIPOSA

Aguilar, Luisa

Kalandraka Editora / 978-84-96388-72-7

Mara es especial y nada ni nadie conseguirá restar valor a sus cualidades

porque su madre le ha dado la clave para salir airosa de cualquier crítica: autoestima, imaginación y espontaneidad.


SI YO FUERA UN GATO

Paloma Sánchez Ibarzábal & Anna Llenas ISBN 978-84-9871-382-4

–¿Qué pasaría si fueras un gato?

–Si yo fuera un gato...

Una propuesta divertida, a modo de juego, que permite tomar conciencia de la realidad (vivencias, emociones, necesidades...) del otro con el objetivo último de entenderlo mejor.


LECTURA EN CASTELÁN DE 7-8 ANOS

TALLER DE CORAZONES

Arturo Abad & Gabriel Pacheco ISBN 978-84-9871-247-6

Cuando llega la noche y el silencio de los soñadores inunda la ciudad, del taller de corazones surgen misteriosos sonidos, porque... Matías tiene un secreto. El protagonista repara corazones dañados.


EL SUEÑO DE XELÁ

Alexandre Honrado & Marta Torrão ISBN 978-84-96788-43-5

-No creo que se crezca por leer un libro, refunfuñaba Miguel.

-Pues yo, cada vez que entro en uno, salgo diferente.

El libro y la lectura representan un puente entre los sueños y la realidad. En la ficción todo es posible, y el protagonista va a descubrir el placer de la creatividad y la imaginación, junto con la afectividad.


LECTURA EN CASTELÁN A PARTIR DE 9 ANOS

UN INDIO COMO TÚ Y COMO YO

Erna Sassen

Boaz es un chico solitario fascinado por los indios y por los ponis. En el colegio no tiene amigos y tiende a perderse en sus pensamientos. Hasta

que llega una nueva alumna, Aisha. No sabe hablar su idioma, pero está claro por su aspecto que es india: además, se sabe comunicar por dibujos, como los indios. Boaz es ahora el niño más feliz del mundo, hasta que a su padre se le ocurre la idea de cambiarlo de clase justo cuando ha encontrado a alguien con la que se entiende a la perfección. Un libro lleno de ternura y ciertos toques de humor que sabe mezclar con gran maestría temas como la soledad, el racismo, la amistad…


LA PUERTA DE LOS TRES CERROJOS

Sonia Fernández Vidal

La aventura que te descubrirá el fascinante mundo de la física cuántica.

Después de recibir un misterioso mensaje, Niko recorre un nuevo camino para ir al instituto y descubre una casa que no había visto nunca antes. La resolución de un enigma le permite entrar en lo que resulta ser un extraño lugar donde nacen universos. Dentro del mundo Cuántico ocurren cosas sorprendentes, desde una guerra entre la materia y la

antimateria hasta las desapariciones del gato de Schrödinger, pasando por un taller de relojería donde se pone a prueba la relatividad del tiempo. Inmerso en esta aventura inesperada, Niko tiene la misión de devolver el equilibrio, ahora en peligro, entre su mundo y el universo cuántico que acaba de descubrir.


TÚ PUEDES SALVAR EL MUNDO

Ángela Green

La Tierra es sabia, respira vida y está ansiosa por ofrecer muchas más

maravillas de las que ya nos regala cada día. Y nuestro deber es cuidarla para que siga haciéndolo.

Aprende de 38 personajes inspiradores y conviértete tú también en un héroe de la Tierra. En el libro encontrarás 12 retos para aportar tu granito de arena en la lucha contra el cambio climático. Recuerda: no hay un Planeta B. ¡Tienes 12 meses para proteger el nuestro!


PROPOSTAS EN INGLÉS

EDUCACIÓN INFANTIL

Meerkat, o protagonista, dase conta de que no deserto, nada se parece ao que a súa revista denomina Nadal. Entón emprende unhaviaxe a outros lugares desde os que vai enviando postais. En canto ao nivel de dificultade, é tan visual que é moi difícil perderse.


Pete theCataxuda a papá Noel a levar os agasallosás casas dos nenos e nenas. O vocabulario ten constantes rimas e o conto é bastante melódico con estruturas que se repiten polo que é moi fácil de comprender.



Santa Claus empeza a beber o que lle van deixando en cada casa ata a número dez. Entón, o pobre necesita urxentemente facer pipí e dáse conta de que non repartiu os agasallos. Un libro moi divertido.


PARA 1º/ 2º

Papá Noel ponse en camiño para entregar os agasallos pero o pobre Oso queda atrás no taller! Como chegará á casa de Tom a tempo para Nadal?

Neste libro, con moitas lapelas, os nenos e nenas poderán descubrir pequenos detalles da historia mentres se persegue a Papá Noel. Está cheo de rimas enxeñosas e escenarios divertidos.


Hai unha festa de disfraces de Nadal e todos están vestidos cos seus mellores disfraces.

Aos nenos encantaralles levantar as lapelas para descubrir aos animais que se esconden detrás dos disfraces. Este libro combina páxinas de peek-a- boo, texto con rimas e moitos ruidos de animais.


Baseado na película clásica ‘TheSnowman‘, neste libro o boneco de neve fai unha viaxe máxico. Despois de que a neve asentouse nun frío día de inverno, un neno constrúe un boneco de neve. Máis tarde esa noite baixo as estrelas, o boneco de neve cobra vida!Xuntos voan polo ceo nocturno nunha viaxe máxica e impresionante, ata que sae o sol e é hora de volver a casa.


PARA 3º /4º

É Noiteboa e o Jolly Postman saúda aos personaxes de contos favoritos de todos. Ten unha tarxeta para Baby Bear, un xogo para Carapuchiña Vermella, un crebacabezas para recuperarse do pobre HumptyDumpty e moitos máis paquetes para entregar.


Faltan dous días para a véspera de Nadal e os elefantes están moi emocionados. Elixe nunha árbore para decorar e preparan os agasallos para que Papa Red recolla durante a noite e leve a quen os necesite.

Pero este ano, Elmer ten un agasallo especial reservado para os elefantes máis novos


PROPOSTAS PARA 5º/6º

É case Nadal e Winnie e Wilbur están moi emocionados. Pero logo ocorre un desastre. En Noiteboa, Santa queda atascado na súa cheminea! Necesita desesperadamente axuda coas súas entregas, pola contra, o Nadal non sucederá.



Cando o abeto feo é levado á cidade, ninguén quere cómpralo. Pero un neno sen fogar pregúntalle ao comerciante se pode levar a árbore e, xunto ao río, nunha caixa de cartón, decorada con algunhas velas, a

árbore atópase no centro dunha máxica Noiteboa que nunca esquecerá.

Un conto do Nadal cun toque clásico pero cun tema moderno no seu corazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario