martes, 27 de xaneiro de 2026

EXPLORANDO O UNIVERSO DO BO TRATO: CHEGA AXIA AO 1º CICLO

 Hoxe tivemos unha visita moi especial no noso cole !.




Veu ao centro o equipo da Fundación Meniños para traballar co alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria no seu novo proxecto educativo chamado AXIA.

Foi unha aventura moi divertida que nos axudou a:

  • Coidar as nosas emocións ❤️

  • Tratar ben ás demais persoas 🤝

  • Aprender a convivir mellor na escola e na casa 🌈


Durante a actividade, a biblioteca convertiuse nunha nave espacial  relacionado coa nosa PDI do centro sobre o universo, o que fixo a experiencia aínda máis motivadora para o alumnado.

Participou en diferentes estacións onde falamos de:

  • Como nos sentimos

  • A empatía

  • O respecto

  • Os compromisos para levarnos mellor

Tamén coñeceron o Kit Galáctico, con materiais para seguir aprendendo, e descubriron que AXIA continuará durante o curso con retos, vídeos e propostas para compartir coas familias.

Foi unha experiencia moi especial, chea de aprendizaxes, ilusión e bo trato.

Grazas á Fundación Meniños por acompañarnos nesta misión tan importante.
A aventura AXIA xa comezou… e nós xa somos parte da tripulación!

luns, 26 de xaneiro de 2026

O CLUB DE LECTURA ESTREA A RADIO SABICHÓN CON RELATOS DE MEDO!

 Nestas últimas sesións do club de lectura, fomos á Radio Sabichón do cole para vivir unha experiencia moi especial. Despois de ler o libro Relatos de pantasmas, traballamos en grupo para crear os nosos propios relatos de medo. Cada grupo inventou unha historia chea de misterio, suspense e imaxinación.


Cando tivemos os relatos preparados, fomos á radio para gravalos. Alí aprendemos como funciona unha emisora, usamos os micrófonos e sentimos o que é falar na radio de verdade. Foi unha actividade moi divertida e diferente, na que puidemos compartir o noso traballo cos demais e escoitar as historias dos compañeiros.

Encantounos a experiencia e pasámolo xenial converténdonos por un día en auténticos locutores e contadores de historias de medo.

luns, 19 de xaneiro de 2026

CONCURSO PASAPORTE LECTOR 2º TRIMESTRE

 Gústache ler? Entón esta proposta é para ti! Cada vez que remates un libro, cobre un pasaporte lector e entrégao no Buzón Sabichón da biblioteca. É moi doado participar!


Podes presentar pasaportes de libros emprestados na biblioteca do cole ou de libros lidos pola túa conta. Todas as lecturas contan!

 O alumnado que entregue máis e mellores pasaportes lectores será recoñecido, así que… canto máis leas, máis oportunidades terás!

 Data límite de entrega: 20 de marzo.
Non o deixes para o último día!

 Ler abre portas a mundos novos… participa, goza da lectura e deixa o teu pasaporte no buzón!