O entroido este curso non podía ser doutra forma: disfrazámonos coa arte!
Despois de toda a semana seguindo os mandatos do meco, chegou o gran día, o día de entroido! Podedes ver todas as imaxes e vídeos pinchando AQUÍ.
En educación infantil disfrazámonos de personaxes de contos clásicos.
En 1º ciclo de pintores!
En 2º ciclo de grafiteiros e rapeiros!
En 3º ciclo de personaxes de cine!
Foi unha xornada moi especial, na que asistiron as familias para ver o desfile de todas as clases e ademais, despois do desfile, cada curso interpretou unha danza típica de diferentes países do mundo.
En Música e Danza estiveron traballando a música de diferentes países e estas foron as elixidas:
- Educación Infantil: O xogo da Carrasquiña (Galicia)
- 1º: Indo eu (Portugal)
-2º: Sete saltos (Dinamarca)
-3º: Samoth (Israel)
-4º: Minoesjka (Holanda)
-5º: Pera Stous Pera Kambous (Grecia)
- 5º e 6º: Batucada (Brasil)
Ao rematar, tivemos unha rica merenda con doces típicos de entroido, grazas á colaboración das familias, sempre dispostas a participar!
Para finalizar esta festiva xornada, asistimos ao IES As Bizocas para ver o seu tradicional concurso de comparsas. Ademais, este ano 5º e 6º de EP tocaron conxuntamente con 1º e 2º de ESO unha batucada empregando instrumentos de refugallo! Saiulles moi ben! Noraboa!
E grazas á profe de Música do IES por propoñer actividades nas que participamos conxuntamente!