venres, 28 de febreiro de 2025

CONTACONTOS DO CLUB DE LECTURA EN EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO

A pasada semana, o alumnado do Club de Lectura, despois de varias sesións de ensaios e tras organizar o calendario de quendas, levou a cabo o contacontos para o alumnado de educación infantil e 1º ciclo, seguindo o calendario que publicamos anteriormente.

 


Foi unha experiencia moi enriquecedora para tod@s!

martes, 25 de febreiro de 2025

APRENDEMOS SOBRE O ENTROIDO CON ORGULLO GALEGO EN 2º E 3º CICLO

 O semana pasada o alumnado de 2º e 3º ciclo recibiu unha charla sobre os diferentes entroidos que podemos atopar en Galicia. 

Faláronnos de diferentes lugares e diferentes personaxes do entroido como os peliquieros, boteiros, pantallas... e outras figuras importantes do carnaval.

Vimos algún vídeo no que vimos as vestimentas e incluso os desfiles en diferentes lugares e tamén lle contamos como celebramos nos o entroido no Grove.

Aprendemos un montón sobre os entroidos en Galicia! Moitas grazas!

venres, 21 de febreiro de 2025

OS MANDADIÑOS DO MECO XA ESTÁN AQUÍ!

O Sabichón deixounos pola biblioteca os mandadiños do meco deste entroido! 

O luns 24 de febreiro comezamos e cada día teremos un mandato diferente, moi atent@s!


O venres realizaremos no cole o festival de entroido, no que teremos que vir disfrazados de artistas!

O programa será o seguinte:

-Desfiles de entroido a partir das 10.00h e actuacións.

-Merenda conxunta con doces caseiros a partir das 11.00h.

-Visita do alumnado ao IES e batucada do 3º ciclo xunto con 1º e 2º da ESO a partir das 12.00h.

Aproveitamos para lembrar que as familias están invitadas a asistir ao desfile de entroido e a merenda conxunta, animámosvos a asistir co voso disfraz! 

Bo entroido!

xoves, 20 de febreiro de 2025

ECOPERCUSIÓN CON FAMILIAS!

Este luns 17 de febreiro recibimos de novo a Didier para realizar un obradoiro de Ecopercusión co alumnado de 5º e 6º de EP, no que as familias estiveron invitadas!

 Didier realizou este obradoiro con materiais de refugallo, polo que empregamos cubos de pintura para realizar diferentes ritmos.


Para finalizar, fixemos unha pequena exhibición do que aprendemos para todo o alumnado do centro!

Nesta xornada convertímonos de novo en pequen@s artistas, esta vez coa música!

luns, 17 de febreiro de 2025

RETO SEMANAL DE... ENTROIDO CREATIVO!

 Nesta ocasión, o reto semanal do Sabichón consistirá na creación dunha troqueladora montada con LEGOS co obxectivo de decorar unhas máscaras de entroido!


O reto, como todas as semanas, consta de varios niveis, explicados dentro desta carpetiña que se atopa na biblioteca. Cada curso teredes que averiguar cal é o voso reto... empregar a troqueladora, explorar con ela e algúns, ata creala de 0!

Pinchando aquí deixamos toda a información!


Mans a obra con esas máscaras!

xoves, 13 de febreiro de 2025

SAÍDA DO 3º CICLO A INNOVART

O alumnado do 3º ciclo asistiu o pasado xoves ás xornadas de Innovart en Santiago de Compostela. 


Trátase dun evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas que se imparten en Galicia, polo que era unha saída que  encadraba perfectamente no PDI que estamos a desenvolver no centro. 


Entre todas as actividades dispoñibles (obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de restauración e bens culturais, actividades didácticas de música, arte e danza, actividades deportivas...) o alumnado de 5º asistiu a unha masterclass de danza e o alumnado de 6º asistiu a un obradoiro de elaboración de máscaras.




Pasárono xenial!

martes, 11 de febreiro de 2025

UN NOVO SABICHÓN APARECEU!

A pasada semana demoslle a benvida ao mini Sabichón, un Sabichón pequeniño feito de lá que elaborou a mestra Begoña con moita arte! Moitas grazas!




Os nenos e nenas do cole quixeron darlle unha benvida especial, e realizaron un pequeno efecto dominó coas pezas Kapla empregando todo o corredor do centro durante o tempo de lecer.  

Aquí podedes ver algunha foto do proceso.


Ademais, o mini Sabichón trouxonos unha pequena sorpresiña: este padlet colaborativo no que iremos publicando as actividades relacionadas coa PDI. Tod@s poderedes colaborar!
 

RETO SEMANAL DE...PINTURA!

Esta semana o Sabichón sorprendeunos cun novo reto na biblioteca...esta vez sobre a pintura!

O reto consiste en observar con atención cadros de mestres da historia da arte como Picasso, Miró, Dalí, Klee... entre outros. A proba trátase de atopar en cada un deles unha letra do abecedario oculta.

 

Hai 6 niveis de dificultade... seredes quen de chegar ao último nivel?

Algúns nenos e nenas xa conseguiron resolvelo!! Vémonos na biblioteca!


venres, 7 de febreiro de 2025

PREPARANDO CONTACONTOS NO CLUB DE LECTURA PARA INFANTIL E 1º CICLO

Dende a volta das vacacións de Nadal, o club de lectura está inmerso nun novo reto... un contacontos! 

Nunha das nosas reunións semanais, o alumnado do club elixiu os títulos que máis lle gustaban para leerlle ao alumnado de educación infantil.

O alumnado de Ed. infantil é un público moi esixente, polo que estamos traballando a tope para conseguir superar as súas expectativas!

 

Aquí vos deixamos o calendario dos contacontos! 

mércores, 5 de febreiro de 2025

O CLUB DE LECTURA NA TVG!

 O ano pasado, no club de lectura, lemos o libro das Formigas Misión Camiño de Santiago, tal e como podedes ver en entradas anteriores, pinchando no link do club de lectura. 

Ademais, tivemos a sorte de que nos visitou a TVG para facer unha reportaxe, e aquí a temos porfin!

Pinchade na foto para ver a reportaxe da TVG a partir do minuto 23:40. 





luns, 3 de febreiro de 2025

RETO SEMANAL DE... ESCULTURA!

 Nesta segunda semana de retos na biblioteca sobre o PDI, a actividade consistirá nun reto de investigación sobre a escultura!

Seredes quen de resolvelo? Para iso teredes que achegarvos á biblioteca e o Sabichón agardaravos ansioso! 

Algúns nenos e nenas xa remataron o reto!