sábado, 21 de decembro de 2024

NADAL 2024

O fin de trimestre nas Bizocas celebrámolo con moitas actuacións e diversión durante toda a xornada do venres 20 de decembro. Pinchade AQUÍ para ver todas as fotos e vídeos!

Ademais, contamos coa participación e colaboración das familias, que asistiron a ver as diferentes actuacións e compartimos ao finalizar unha deliciosa merenda.

Comezamos coa actuación do alumnado de 6º, que como está a traballar o cine, interpretou a BSO de Harry Potter aos carillóns.


Logo, o alumnado de 4º interpretou a canción de Nil Moliner, "Tal vez", con xestos e luz negra!.

O alumnado de 5º interpretou unha peza en frauta doce e cantaron unha canción de Fillas de Cassandra acompañadas da pandeireta!

A continuación, os nenos e nenas de 1º e 3º de EP tocaron xuntos o Jingle Bells con boomwhackers e campás!

En Educación Infantil interpretaron un vals de Shostakovich empregando uns panos de cores que fixeron xenial!


En 1º e 2º tamén cantaron unha panxoliña, como non podía ser doutro xeito en Nadal!

E tamén houbo tempo para unha actuación de percusión corporal interpretada por 4º de EP.

Por último, proxectamos o vídeo do club de lectura que podedes ver na entrada anterior.

Todos os cursos realizaron algunha actuación, e ao final da mañá o alumnado de 2º de EP foi o encargado de retransmitir as badaladas dende a Porta do Sol. 

Ao remate da xornada tivemos a visita de Papa Noel, que nos trouxo un pequeno agasalle e logo merendamos todos xuntos, alumnado, familias e mestres celebrando con doces típicos caseiros. Foi un día moi especial!


Bo Nadal e Feliz 2025! Vémonos á volta das vacacións!

venres, 20 de decembro de 2024

FINALIZAMOS O 1º TRIMESTRE DO CLUB DE LECTURA: VÍDEO ENTREVISTA ÁS NOSAS AVOAS

 Tras as ultimas sesións do club no mes de decembro, nas que rematamos o libro que estabamos a ler, fixemos un pequeno Kahoot onde puxemos a proba a nosa memoria con diferentes preguntas sobre o libro.

Ademais, na derradeira sesión, xuntamonos o club de lectura de 5º e de 6º de EP para proxectar o vídeo das entrevistas ás nosas avoas, así como os diferentes debuxos que fixemos sobre as artes ocultas e non tan ocultas das nosas marabillosas avoas.

Aquí vos deixamos o vídeo para que poidades velo, pinchade na foto!


Moitísimas grazas ás avoas por participar neste proxecto do club de lectura!


venres, 13 de decembro de 2024

O SABICHÓN PRECISA DA NOSA AXUDA

Con motivo da chegada do Nadal, temos na entrada do cole unha marabillosa árbore para poder decorar!

Pero o Sabichón non sabe como facelo, polo que pide a nosa axuda para que o decoremos con desexos de Nadal! 

Podedes levalo para casa para que poidades facelo coas vosas familias!

Animádevos a botarlle unha man á nosa mascota!



xoves, 12 de decembro de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca elaboramos estas recomendacións de Nadal. 

Un libro sempre é un acerto como agasallo e podedes atopalos nas librerías da zona!



luns, 9 de decembro de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE


 O 3 de decembro, conmemoramos no cole o Día Internacional da Discapacidade con diferentes actividades co obxectivo de visibilizar e apoiar a inclusión social das persoas con discapacidade.

Para iso, nas clases de Educación Física, fixemos diferentes actividades nas que nos puxemos na pel de persoas cegas, xordas... entre outras, con xogos como a pita cega.

Ademais, aprendemos a usar o alfabeto en Braille e cada curso escribiu unha frase neste sistema. Podedes ver o mural no corredor do cole!

Aquí vos deixamos algunha foto das aportacións de cada curso!

xoves, 5 de decembro de 2024

SAÍDA AO AUDITORIO DO GROVE

 O pasado mércores 29 de novembro, o alumnado de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de EP asistiu a unha obra de teatro na que os protagonistas eran os bolechas! 
                                         
Enmarcada dentro do noso proxecto de arte, na obra de teatro Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá, xunto co seu can Chispa, deciden construír un escenario musical despois de atopar unha caixa chea de instrumentos musicais para ofrecer un gran concerto. 

A medida que as melodías do tambor, a guitarra, o piano ou a frauta soaron, aprendemos os diferentes estilos musicais e compoñen as súas propias cancións.