luns, 30 de setembro de 2024

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES...DE ARTE!

Seguindo o PDI deste curso, contaremos no cole coa actividade extraescolar "Pequenos Artistas", impartida por Iago Fontoira e xestionada pola ANPA.

O horario será os mércores de 16:15 a 17:45h  para o alumnado de 5 a 8 anos e de 17:45 a 19:15h para alumnado de 9 a 12 anos.

Animádevos a participar e continuar creando dentro e fóra do horario lectivo! 

Moitas gracias a Iago e ás familias que colaboran para que este tipo de actividades se leven a cabo no cole! 

Para máis información, poñédevos en contacto no email: pequenosartistasogrove@gmail.com

mércores, 25 de setembro de 2024

O CLUB DE LECTURA 24/25 COMEZA!

O vindeiro martes 1 de outubro será a primeira reunión do Club de lectura. Na biblioteca,   daremos comezo ás sesións deste curso co alumnado de 5º e 6º de EP.

Agardámosvos!


luns, 16 de setembro de 2024

BENVID@S AO CURSO 24/25! O SABICHÓN DESVELA O NOVO PDI!

Boas de novo amiguiñ@s!

O Sabichón davos a benvida ao novo curso 24/25! 

Despois do intenso curso anterior, e tras unhas longas vacacións, estamos preparados/as para un novo reto este curso!

O PDI deste curso, despois de revisar as vosas enquisas realizadas en xuño e ver cales foron as temáticas máis repetidas será...

                                    A ARTE!

                                                            


Agora, por ciclos, deberedes centrar a vosa investigación nalgún tipo de arte: pintura, escultura, arquitectura, música, danza, literatura ou cine! 

Deixádeme os vosos intereses no buzón Sabichón e así poderei facerme con novos libros de investigación para os vosos proxectos!

Ánimo e sorte neste novo PDI do curso 24/25!