mércores, 29 de marzo de 2023

2ª SESIÓN DO OBRADOIRO AFECTIVO SEXUAL EN 2º E 3º CICLO DE EP

A semana pasada recibimos de novo a Noelia e Lucía para darnos unhas charlas super interesantes e necesarias sobre a educación afectivo sexual. Aprendemos un montón e agardamos velas pronto na 3ª sesión!! 

Pinchade nas fotos para ver máis!


luns, 27 de marzo de 2023

NOVA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA

Hoxe o club de lectura volveuse a reunir para tratar as seguintes actividades que imos levar a cabo. O libro que imos ler nas próximas semanas trátase de "Formigas 4. Misión Rosalía" de Andrés Mexide e Pere Tobaruela.

Este libro será o protagonista da nosa saída xunto co alumnado do club de lectura do  CEIP Valle-Inclán (O Grove) a Padrón, da que xa vos contaremos máis detalles. 

Por agora disfrutaremos do libro durante as vacacións do segundo trimestre. Esperamos que vos guste!

                                                       


venres, 24 de marzo de 2023

TALLERES DE PRIMAVERA

Durante esta semana nos recreos todos os cursos tiveron a oportunidade de realizar un taller de primavera nas quendas de biblioteca establecidas a principio de curso. 

Así, entre todos e todas decoramos a biblioteca e preparámola para a primavera que acaba de empezar!



xoves, 23 de marzo de 2023

CONTACONTOS DO CLUB DE LECTURA EN INFANTIL

Durante esta semana o alumnado do club de lectura realizou un contacontos aos nenos e nenas de Infantil. 

Durante a hora de ler, por grupos foronlles contando os diferentes contos infantís que estiveron preparando estas últimas sesións do club como "Rato Tom e rata Tomasa", "Vivan as uñas de cores!", "Luuume", "Do, Re, Mi", "Animais" e "As chaves dos soños".

Noraboa a todos e todas! Fixéchedelo moi ben! Ao alumnado de infantil gustáronlle moito os vosos contacontos!

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos diferentes grupos, pinchade para ver máis.


CHARLA SOBRE AS EMOCIÓNS EN 1º E 2º CICLO DE EP

O alumnado de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de Primaria participaron nunha charla sobre as emocións. 

Expresaron con que adxectivo se identifican, as súas fortalezas e debilidades, que cousas fan que estean felices, tristes, sorprendidos..., escribiron con que e con quen están agradecidos e descubriron o bote da calma. Para rematar viron tres curtas relacionadas co esforzo e con buscar axuda ante situacións que o precisen.

ODS relacionados:
n.º 3: "Saúde e benestar"
n.º 4: "Educación de calidade"

Pinchade na foto para ver máis!

Unha actividade moi interesante e proveitosa!!!

mércores, 22 de marzo de 2023

TALLER DE MULLERES INVENTORAS POLO 8M

Este mércores 15 de marzo o alumnado das Bizocas realizou un taller de mulleres inventoras. Nel fumos indagando e experimentando a necesidade e utilidade dos  diferentes inventos que se lograron ao longo da historia, e como non, todos eles realizados por mulleres. 

De novo encadrámos esta actividade no noso proxecto, tratando as diferentes ODS como ODS5 ou ODS10.

Se pinchades na foto poderedes ver máis!

luns, 20 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA ODS

Durante toda a semana anterior estivemos traballando a semana da prensa no cole, como non, a través das ODS. 

O alumnado trouxo da casa un recorte de xornal grazas á colaboración das familias. As noticias debían estar relacionadas con algunha das ODS , e ao longo da semana fóronas pegando xunto a ODS correspondente neste mural que os voluntarios e voluntarias de biblioteca axudaron a crear.


martes, 14 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8M

 Como saberedes, este mércores 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller. Durante toda a semana estivemos traballando sobre diferentes profesións e investigando quenes foran as primeiras mulleres que formaran parte de cada unha delas.  Cada curso escolleu unha profesión e analizamos os datos atopados. 


Ademais, as familias colaboraron traendo ao cole unha flor, que forma parte dun precioso mural na entrada do cole e que representa a Frida Khalo, unha muller moi importante na reivindicación feminista e no día 8M.  Moitas grazas pola vosa colaboración!



Así mesmo, durante o día, os voluntarios e voluntarias de biblioteca repartiron a todo o alumnado uns pins do 8M coa ruleta representativa das ODS, posto que este día se relaciona principalmente coa ODS5.

luns, 6 de marzo de 2023

ENCONTROS INTERCENTROS XOGADE

O pasado martes 28 e o xoves día 2 de marzo participamos nos encontros multideporte no CEIP de Meaño e no Colexio Abrente respectivamente. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º desprazouse a estes centros para realizar unha xornada chea de actividades deportivas e diversión.

A participación nestes encontros nos permite aprender valores moi importantes para a nosa vida: compañeirismo, solidariedade, esforzo, respecto, etc.; valores que se encadran dentro do noso proxecto!

Pasámolo moi ben! Moitas grazas aos centros anfitrións!



1ª FASE DO PROXECTO 22/23

A 1ª fase do proxecto actual "SOS- ODS: O PLANETA NAS NOSAS MANS" foi xa elaborada ao longo do 1º trimestre e principios do 2º, e aquí vos amosamos o traballo de todos os nenos e nenas nas súas respectivas asambleas.

Pinchade na imaxe para velo: 


Agora toca investigar! Moi bo traballo!!

5º e 6º PARTICIPA NA RETIRADA DE RESIDUOS NA PRAIA DE AREA DA CRUZ

O xoves 23 de febreiro o alumnado de 5º e 6º participou xunto con máis persoas voluntarias nunha xornada de retirada de lixo mariño na praia que se atopa enfrente ao colexio, a praia  Area da Cruz.

Retiraron máis de 305 kilos, entre os que se atopaban plásticos, aparellos, obxectos estraviados durante a pesca, redes, sedais... así como envases, botes, botellas, tapóns... entre moitos outros obxectos que perxudican a biodiversidade e a supervivencia das especies mariñas. 

Neste enlace poderedes ver a noticia completa: https://www.afundacion.org/es/prensa/noticia/mas-de-100-personas-voluntarias-convocadas-por-afundacion-retiran-300-kilos

Dentro do noso proxecto das ODS, esta actividade enmárcase nos obxectivos 13 (Acción polo clima), 14 (Vida submariña) e 17 (Alianzas para lograr os obxectivos). 

 


 

mércores, 1 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO NAS BIZOCAS

O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía e no cole estivemos investigando sobre esta poeta durante toda  a semana. Ademais, fixemos este mural que se atopa no corredor principal entre todos os nenos e nenas e que quedou tan chulo!


O alumnado de infantil elaborou o retrato de Rosalía con diferentes técnicas artísticas e o 1º ciclo de EP elaborou a súa biografía:

O 2º e 3º ciclo de EP crearon unha liña do tempo coas súas publicacións: 

Moi bo traballo!