martes, 23 de setembro de 2025

¡O CLUB DE LECTURA XA CHEGA! 📚

Atención, lectores e lectoras de 5º e 6º: temos unha noticia fantástica para vós!



Este curso, o Club de Lectura abre as súas portas o 6 de outubro para que poidamos compartir historias, aventuras e moitas risas e aprendizaxes. 😄✨

Reuniremonos os luns e venres, para pasar un rato superdivertido lendo libros, comentándoos e descubrindo moitas cousas novas. Será unha ocasión perfecta para facer amigos e viaxar con cada páxina.

Se che gusta ler e compartir, non podes faltar!

Unha aventura que comeza moi pronto e que está pensada para vós, lectores de 5º e 6º.

¡Vémonos os luns e venres para encher de historias o noso cole! 📖🌟

APERTURA DA BIBLIOTECA!

 ¡Atención! 📚✨

O 1 de outubro o Sabichón, a nosa mascota da biblioteca, ten unha noticia superespecial para todos vós: a biblioteca do cole abre as súas portas! 🎉

E para comezar con moita ilusión, temos unha sorpresa moi divertida no Plan Lector... ¿Queredes saber cal é? 🤫

Imos desvelar o título da nosa PDI, ese que escollemos xuntos familias e alumando no Día da Divulgación do curso pasado. Será unha forma moi especial de comezar a nosa viaxe lectora e descubrir todo o que imos aprender este ano.

Pero atención, que hai máis! O alumnado de 5º e 6º tamén teñen unha sorpresa especial preparada para ese momento que non vos podedes perder! 🎁

A biblioteca abrirá ao público durante os recreos, seguindo quendas ben organizadiñas para que tod@s poidades desfrutar dela sen présas. E ademais, tamén abrirá polas tardes os luns, mércores e xoves de 4 a 6, para que teñades máis momentos para ler e soñar, as familias tamén podedes acudir!

Así que non vos esquezedes: o 1 de outubro, todos preparados para descubrir os segredos da nosa biblioteca e vivir unha experiencia inesquecible de lectura.

xoves, 11 de setembro de 2025

COMEZAMOS UNHA NOVA VIAXE...CARA O ESPAZO! 🌌🪐

 Benvid@s a este novo curso 25/26!

Volvemos ao cole con enerxía renovada, ilusión e moitas ganas de compartir aprendizaxes, xogos e experiencias únicas. Este ano traemos un PDI moi especial… 

🎯 O ESPAZO! 🌠🚀🛸

Foi o alumnado quen, a través das enquisas do curso pasado, escolleu este tema tan apaixonante e cheo de posibilidades. 

E non só iso… o título do proxecto, que pronto desvelaremos a traves dunha pequena sorpresa, naceu dunha das ideas propostas polas familias e o alumnado no noso  Día da Divulgación ás familias do PDI.  Pronto teredes máis novidades e sorpresas...

Pois este ano queremos ir máis alá… literalmente! 🚀🌌

💫 Comeza un novo curso no que aprenderemos sobre planetas, estrelas, astronautas, viaxes intergalácticas… e tamén sobre nós mesmos: como aprender, convivir e crear en equipo.