venres, 31 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ ENTRE LIMPEZA DE PRAIAS E ARTE

O día 30 de xaneiro conmemorase o Día da Paz, e no cole celebramolo o día 31 xa que coincidiu cunha invitación de diferentes asociacións para a recollida de tarugos, palillos de bateas, na praia que temos xusto enfrente do cole.

Así pois, puxémonos mans á obra e coas lubas  recollemos durante a mañá os tarugos que vedes a continuación: 

 

Ao rematar, en 3 grupos interniveis de infantil e primaria realizamos o reto de crear o símbolo da paz coas pezas Kapla, o título do día da paz coas pezas Korbo e  a pomba da paz cos tarugos que acababamos de recoller.




Así quedaron as nosas obras de arte polo Día da Paz! Podedes pinchar nas fotos para ver máis!

martes, 28 de xaneiro de 2025

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA SEGUNDA VOLTA!

 As mochilas viaxeiras pasaron xa por todas as familias e comezan a súa segunda volta.

 

 Agardamos que vos gustara o seu contido e que puiderades disfrutar xuntos dun ratiño de lectura.

As vosas creacións no caderno así o demostran!

 

Ademais, contamos con novidades! Desta volta as mochilas viaxeiras son novas: máis grandes, máis resistentes e máis cómodas! Agardamos que vos guste este novo deseño.

Aquí podedes ver ás voluntarias de biblioteca organizando cada mochila para cada curso.

luns, 27 de xaneiro de 2025

RETOS SEMANAIS NA BIBLIOTECA!

Esta semana comezamos cos retos semanais de arte!

                                                            

Cada semana poderedes achegarvos á biblioteca para resolver os retos que o Sabichón ten preparados en relación ás diversas artes que estamos a traballar no PDI!

Esta semana o reto é musical e traballaremos cos instrumentos tradicionais galegos empregando o E.a.r.l.2 BOT, estades preparad@s?



mércores, 22 de xaneiro de 2025

XA SOMOS CENTRO PLAMBE!

Dende a resolución do 13 de novembro de 2024 da Dirección xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se resolve definitivamente o Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2024/25, o CEIP AS BIZOCAS forma parte dos centros PLAMBE. 


Este plan de mellora de bibliotecas escolares ten entre os seus obxectivos fundamentais dotar aos centros educativos de bibliotecas escolares útiles,  facendo delas espazos creativos de aprendizaxes innovadores e inclusivos que apoien a adquisición das competencias clave do alumnado. 

Por iso, pouquiño a pouco a biblioteca do cole está a mellorar como espazo para o desenvolvemento persoal, social e cultural de todo o alumnado e da comunidade educativas no seu conxunto, incidindo nun enfoque inclusivo e na potencialidade da biblioteca escolar como factor de compensación social e de equidade, promovendo a participación activa do alumnado e a presenza das familias