mércores, 26 de xuño de 2024

PREMIOS PASAPORTE LECTOR

 Tras a promoción deste concurso, o pasaporte lector, o alumnado de todos os cursos participou moi activamente!! Noraboa a tod@s pola implicación!

Porén, contamos no cole con dúas lectoras expertas que bateron o record de pasaportes lectores! E aquí as temos: moitas felicidades a Núria e Noa, gañadoras do concurso!

SOMOS OS MONSTROS! NO CLUB DE LECTURA

 O alumnado do club de lectura realizou a obra de teatro que estiveron ensaiando ao longo de todo o trimestre. A obra tratouse de "Somos os monstros" de Paula Carballeira. Foi interpretada para Ed. Infantil e 1º ciclo.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do resumo da obra! 

Noraboa a todos os participantes!
Esta foi a despedida do Club, na que os participantes foron agasallados cunha pequena libreta e un diploma pola súa participación!


Vémonos o vindeiro curso!


martes, 18 de xuño de 2024

CONVIDAMOS ÁS FAMILIAS NO ÚLTIMO DÍA DE CURSO!

O venres 21 de xuño será o último día de curso, que celebraremos cunha exposición e divulgación dos nosos traballos de investigación do PDI ás familias, actuacións musicais, unha merenda conxunta e por suposto, a despedida do noso alumnado de 6º de EP que se gradúa para o vindeiro curso estudar no instituto.



Aquí vos deixamos a organización do día! Animámosvos a asistir! 

Agradecemos que confirmedes a asistencia ás titorías por abalar para ter en conta o aforo! 

Moitas grazas familias!

xoves, 13 de xuño de 2024

A TVG VISITA O NOSO CLUB DE LECTURA!

Este martes 11 de xuño, a TVG acudiu ao noso centro para gravar un programa que se emitirá proximamente no programa "Léocho" da Televisión de Galicia en relación ao Club de Lectura.

Eliximos a 5 representantes voluntarios do club de lectura que conversaron sobre o libro que lemos durante o primeiro trimestre e do que fixemos uns booktrailers increibles! Trátase de "Formigas. Misión Camiño de Santiago" de Pere Tobaruela.  Ademais, tamén fixemos unha excursión conxunta co Club de Lectura do CEIP Valle- Inclán a Santiago de Compostela en relación a este libro.

Os 5 representantes Noa, Yanira, Unai, Jairo e Olaya mantiveron unha tertulia na que se facían preguntas entre eles sobre o libro e debatían sobre aspectos que máis lle gustaron e que menos, falaron sobre as ilustracións, sobre os seus personaxes favoritos, sobre como o pasaron facendo o booktrailer... fixerono xenial! Noraboa!

Pronto poderemos vernos na TVG...teredes noticias!

mércores, 5 de xuño de 2024

POLOS CREATIVOS NO CEIP AS BIZOCAS

 As coordinadoras do PFPP deste curso do CEIP As Bizocas elaboraron este marabilloso Genially no que se recollen todas as actividades realizadas en relación aos polos creativos neste curso 23/24.

Botádelle un ollo a todo o traballo levado a cabo! Noraboa! 

Clicade na imaxe para velo!

martes, 4 de xuño de 2024

OS ANIMAIS MARIÑOS NO 1º CICLO

O alumnado de 1º ciclo, nas súas investigacións sobre o PDI, estivo traballando moi activamente nos animais mariños, temática elixida por eles  ao comezo de curso.

Entre todos e todas crearon un mural que luce no corredor do primeiro andar, con todos os animais mariños que investigaron e cos traballos que realizaron coa colaboración das familias! 



Quedaron así de ben! Noraboa polo traballo!