O alumnado de 6º de Educación Primaria personalizou a letra da BSO da Familia Addams para o Samaín nas clases de Educación Musical. Ademais, o videoclip foi gravado na biblioteca por el@s mesm@s, e este foi o resultado!
Etiquetas
luns, 31 de outubro de 2022
domingo, 30 de outubro de 2022
SAMAGOSTO 2022
Durante esta semana realizáronse unha chea de actividades pola celebración do Samaín, nas que participaron mestres, alumnado e familias. Deixámosvos aquí unha recopilación das mesmas:
MERENDAS TERRORÍFICAS SAUDABLES
O xoves 27, antes do tempo de lecer, comezamos a preparar as merendas terroríficas saudables empregando varias froitas de tempada. Cada ciclo elaborou diferentes merendas e ao rematar, antes de degustalas, pasamos por todas as clases para ver o que fixeran os demais.
Este foi o resultado, pinchade na foto para ver máis!
martes, 25 de outubro de 2022
OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA
Aproveitando esta semana terrorífica, o alumnado está elaborando unhas beveraxes máxicas na biblioteca neste taller de escritura creativa. Trátase de darlle ás á imaxinación e escribir os ingredientes máxicos, a súa preparación e que finalidade ten esta bebida encantada.
Fixemos unhas beveraxes extraordinarias!
luns, 24 de outubro de 2022
RECANTO DE MEDO
Este venres 28 celebramos o Samaín e a biblioteca estase a convertir nun espazo terrorífico grazas a axuda do alumnado e profes do colexio.
Hoxe amosámosvos este anaquiño de biblioteca, onde colocamos todos os libros relacionados co Samaín 👻, para que durante o tempo de lectura, de lecer, ou cando nos apeteza poidamos mergullarnos nun mundo arrepiante a través das lecturas que vos ensinamos nas seguintes fotos.
venres, 21 de outubro de 2022
AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN O SEU CAMIÑO
Este luns, coincidindo coa celebración do día das Bibliotecas (24 de outubro), o Sabichón quere facernos un agasallo moi especial.
Como novidade, cada curso contará cunha mochila viaxeira, que inclúe libros, cómics, revistas... para que alumnado e familias disfruten xuntos do tempo de lectura.
O contido das mochilas é sorpresa... que intriga!💭
Ademais, cada mochila contará cun diario, onde os nenos e nenas reflexarán os libros que máis lles gustaron a través de debuxos, resumos, fotos lendo... e todo o que a vosa imaxinación queira!
Esta mochila viaxará cada semana a unha familia diferente, polo que todo o alumnado e familias poderán disfrutar deste fantástico agasallo durante unha semana. É importante respectar os prazos e coidar o material para que todos e todas gozemos da mochila viaxeira.
Ademais, de forma voluntaria, as familias poderedes enviar fotos disfrutando da lectura ao email do cole (ceip.asbizocas@edu.xunta.gal), así poderemos ver o ben que o pasades xuntos!
As mochilas viaxeiras xa están listas para comezar a sua andaina!
Esperamos que o pasedes fenomenal lendo!
mércores, 19 de outubro de 2022
HISTORIAS DE SAMAÍN
Achégase o 🎃Samaín e o Sabichón quixo darnos unha sorpresa... deixounos unha carta no seu Buzón Sabichón propoñéndonos que cada curso invente unha historia terrorífica para o Samaín.
Ademais, o Sabichón púxonos unha condición: a historia terá que incluir unhas palabras relacionadas co novo proxecto, as ODS!
Agora tócanos a nos ...a crear!
Aquí vos deixo unhas fotos de cando descubrimos a carta!
martes, 18 de outubro de 2022
Maleta Viaxeira no 3º ciclo
mércores, 5 de outubro de 2022
SABICHÓN PRESENTA: O NOVO PROXECTO DO COLE
Ola novamente!:
Tal como vos prometín no vídeo de presentación, tráivos novas moi interesantes relacionadas co proxecto que desenvolveremos este ano no cole. Ide memorizando estas 3 letras porque as escoitaredes a cotío ao longo do curso.
ODS